Skip to main content

Semana de actividades na Facultade de Filosofía

A Facultade de Filosofía acolle a vindeira semana dous actos de entrada libre para calquera persoa interesada. O luns 30 ás 20.00 horas no Salón de Actos terá lugar a conferencia ‘Da microfísica á biopolítica: ética e política en M. Foucault’ a cargo do profesor Jorge Álvarez Yagüe.

Os vindeiros días desenvolveranse as xornadas ‘A Ética e os Animais’ co organizadas coa Fundación Ética Animal. Comezarán o martes, 1 de decembro, ás 19.30 horas cunha conferencia na que Sandra Baquedano, da Universidade de Chile, falará das xerarquías especistas en occidente.

Xa o martes 2 á mesma hora terá lugar a charla ‘O conflito entre a ética animal e as éticas ambientais’ de Alejandro Villamor (USC) e a presentación do libro Sufre, luego importa. Reflexiones éticas sobre los animales (Plaza Plaza & Valdés) da autoría de Olga Campos, da Universidade de Granada.

As xornadas rematarán o xoves 3 ás 19.30 horas coa conferencia de Mikel Torres, da Universidade do País Vasco, titulada ‘Consideración moral dos animais e intervención na natureza’.

The contents of this page were updated on 11.27.2015.