A directora médica do Indian Institute of Techonology Guwahati desenvolve unha estadía en Medicina
A directora médica do Indian Institute of Techonology Guwahati (India), Marla Borthakur, está a realizar unha estadía na Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Facultade de Medicina e Odontoloxía. A doutora Borthakur impartirá unha clase no Máster de Saúde Pública na que disertará sobre os principais retos da saúde pública en India.
Durante a súa estadía na Universidade compostelá, dentro das actividades dun programa Erasmus-Mundus, Marla Borthakur mantivo tamén diversos encontros co representantes dos grupos de investigación de Neurociencia Cognitiva e Afectiva (Necea) e co de Epidemioloxía e Saúde Pública. Os principais ámbitos de interese para futuras colaboracións están relacionados co alcol, tabaquimos e dieta.