Skip to main content

Inauguración e entrega de diplomas do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental en Ciencias

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inaugurará este venres, a partir das 20.00 horas, no salón de graos da Facultade de Ciencias do campus de Lugo, a oitava edición do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental no transcurso dun acto durante o que tamén se procederá á entrega de diplomas ás persoas que completaron este programa oficial de posgrao o pasado curso.

O decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; o coordinador do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, o tamén profesor da USC Carlos Herrero Latorre; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, María Ángeles Teijeiro, tamén intervirán nesta sesión, na que tamén se agarda a participación dos 22 titulados/as universitarios inscritos na oitava edición deste máster.

The contents of this page were updated on 09.17.2015.