Ángel Carracedo, nomeado membro de honra do Colexio de Odontólogos da Coruña
O catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo acaba de ser nomeado membro de honra do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña nun acto no que participaron o reitor Juan Casares; a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o valedor da Pobo Galego, José Julio Fernández Rodríguez; o alcalde de Santiago, Ángel Currás Fernández; e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal; entre outras persoalidades. Logo da laudatio pronunciada polo doutor Amador Álvarez, o reitor compostelán destacou a importancia para a comunidade universitaria de contar con equipos como o liderado polo profesor Carracedo, non só pola súa proxección Internacional senón tamén pola súa decisiva contribución ao prestixio doutros moitos grupos de investigación de excelencia cos que conta a USC. Nesta mesma cerimonia, coincidente cos actos organizados con motivo da festividade de Santa Apolonia, patroa de Odontoloxía, impuxéronse as medallas honoríficas aos colexiados xubilados e aos que cumprían máis de 25 años de colexiación.