Skip to main content

A empresa Dentsplay doa material para as prácticas clínicas de Odontoloxía

O reitor e Agustín Sánchez no acto procolario de sinatura do convenio. Foto: Servimav-USC
O reitor e Agustín Sánchez no acto procolario de sinatura do convenio. Foto: Servimav-USC

A Facultade de Medicina e Odontoloxía é un dos centros de toda España aos que a empresa Dentsplay proporciona de xeito gratuíto o material necesario para o seu uso nas prácticas clínicas de Odontoloxía durante todo un ano. Para o presente curso, o alumnado de 4º e 5º de Odontoloxía e do máster de Endodoncia Avanzada contará con reposicións do composite Ceram.X, para a administración de empastes. O desenvolvemento desta liña de colaboración entre a USC e Dentsplay España quedou formalizada nun convenio específico que asinaron o reitor Juan Casares e o director xerente da empresa, Agustín Sánchez Durán, no Colexio de San Xerome. Pola súa banda, a USC proporcionará a Dentsplay a súa valoración do produto a través de 150 enquisas que se realizarán de xeito mensual, semestral e anual. Ademais, subministrará un estudo clínico sobre Ceram.X realizado polo alumnado de 4º e 5º curso para a súa publicación nun revista do ámbito odontolóxico. O profesor Benjamín Martín Biedma será o coordinador da utilización do material e integrará, xunto a Carmen Sermeño Cardona en representación de Dentsplay, a comisión de seguimento deste convenio. De esquerda á dereita: Purificación Varela, Inmaculada Tomas, Agustín Sánchez, Juan Casares, Juan Gestal, José González Bahillo, José Bahillo, Irene Tarazon e Benjamín Martín. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 02.27.2014.