Skip to main content

O II Encontro da Mocidade Investigadora reúne ao persoal investigador en formación da USC

O reitor presidiu a inauguración celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Servimav-USC
O reitor presidiu a inauguración celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Servimav-USC
O reitor Juan Casares inaugurou este mércores en Ciencias da Comunicación a xornada que se estenderá ata o próximo día 31

O II Encontro da Mocidade Investigadora reúne estes días a persoal investigador en formación da USC para a exposición dos seus traballos e a celebración de obradoiros de debate, conferencias e táboas redondas sobre os seus respectivos campos de interese. Este formato de traballo dará visibilidade á actividade investigadora que se realiza na institución académica compostelá no marco dos programas de doutoramento ao tempo que serve de punto de encontro para compartir experiencias de boas prácticas no desenvolvemento da actividade investigadora e promove o exercicio da crítica científica. Entre os días 29 e 31 de xaneiro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, o II Encontro profundará na definición do papel dos/as doutores/as como actores principais da sociedade, na xeración e transferencia de coñecemento, abrindo espazo para a reflexión sobre as bases para a colaboración entre o doutoramento e as industrias, empresas e administracións públicas. O reitor Juan Casares presidiu este mércores 29 o acto inaugural do encontro nunha sesión no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación na que tamén estiveron presentes os vicerreitores de Titulacións e Persoal Docente e Investigador e de Investigación e Innovación, Jesús López Romalde e Francisco González, respectivamente; o decano de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira; e a directora da Escola de Doutoramento Internacional, Isabel Rodríguez Moldes. Deseguido, o catedrático José L. Mascareñas pronunciará a conferencia coa que comezou o programa científica. A xornada reanúdase a partir das 16.00 horas coa quenda para a presentación de comunicacións orais e tipo póster e concluirá coa celebración dunha mesa redonda que proporá un debate sobre o tema ‘Empregabilidade dos doutores: valoras as empresas o título de doutor?’ que moderará Rogelio Conde-Pumpido. A presentación de comunicacións orais marcará o punto de partida da xornada do xoves 30, que completará a sesión matinal con sesións paralelas de traballo en grupos de discusión e a posta en común dos grupos de traballo. Pola tarde, a partir das 16.00 horas será tempo novamente das presentacións orais, ata completar este segundo día cunha sesión especial na que o acto e director Quico Cadaval presentará o seu punto de vista sobre outra forma de falar de ciencia. No terceiro día, o venres 31, logo das comunicación orais programadas para primeira hora, de 9.00 a 10.30 horas, ser´´a tempo para a elección das mellores comunicacións e a intervención de clausura na que intervirán a profesora Mª Paz García Rubio e o profesor Javier Sardina. o II Encontro profundará na definición do papel dos/as doutores/as como actores principais da sociedade e na xeración e transferencia de coñecemento. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 01.29.2014.