Skip to main content

A ecoetiqueta ‘pescaenverde’ presentarase este martes en San Xerome

Desenvolvida polo grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos achegará información ao consumidor sobre o impacto dos produtos pesqueiros no medio ambiente

‘pescaenverde’ é unha ecoetiqueta desenvolvida polo grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC que achegará información ao consumidor sobre o impacto dos produtos pesqueiros no medio ambiente. As súas principais características presentaranse este martes 16 nun acto que presidirá o reitor Juan Viaño, a quen acompañarán o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijóo; o xefe da División de Medio Ambiente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana Lagarón; o xefe do departamento de I+D+i da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Jorge Romón; e o responsable de Cambio Climático e Eficiencia Enerxética de Bureau Veritas, Vicente Ros Garro. A presentación comezará ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Rexistrada pola USC como marca de garantía na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), ‘ pescaenverde’ achega un valor engadido aos produtos que incorporan esta marca, favorecendo a súa venda no mercado actual. Esta ecoetiqueta ten en conta o ciclo de vida da actividade pesqueira e recolle o cumprimento de dous índices ambientais como son o de pegado de carbono e a taxa de retorno enerxético.

The contents of this page were updated on 09.15.2014.