Skip to main content

O congreso europeo de ‘Eurodendro2014’ comeza este martes en Lugo con 100 investigadores sobre dendrocronoloxía inscritos

O vicerreitor Javier Bueno inaugurará, ás 9.00 horas, no Pazo de San Marcos de Lugo, este foro organizado por profesores do Departamento de Botánica da USC na EPS

O congreso europeo ‘Eurodendro 2014’, organizado por profesores do Departamento de Botánica da USC na Escola Politécnica e coordinado polo profesor Ignacio García González, reunirá do 9 ao 11 de setembro na cidade de Lugo preto dun centenar de investigadores en Dendrocronoloxía procedentes de 25 países.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, abrirá este foro, a partir das 9.00 horas, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, no marco dun acto no que tamén intervirán o presidente do ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o alcalde de Lugo, José López Orozco, e o coordinador do programa, o profesor Ignacio González García. As distintas sesións programadas ao abeiro deste congreso internacional, organizado pola USC en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo, comezarán a desenvolverse a partir das 9.30 horas no salón de actos do Pazo de San Marcos. Os congresistas realizarán unha excursión por diversas localizacións da provincia ata a Mariña luguesa durante a xornada do mércores, para logo retomar as sesións de traballo o xoves, día 11 de setembro.

The contents of this page were updated on 09.08.2014.