O Observatorio Astronómico Ramón María Aller oferta a XVI edición do seu programa de extensión cultural

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC chega este curso á súa décimo sexta edición, aberta dende o pasado ano a toda a cidadanía. Para a comunidade universitaria ofértanse 400 prazas cuxa matrícula terá lugar o vindeiro dia 29 de outubro, a partir das 12.00 horas por internet e de 20.00 a 22.00 horas no Observatorio. O público en xeral deberá facer a inscrición na Área de Cultura da USC sita na Reitoría (Colexio de San Xerome) entre os días 23 e 29 deste mes. O PECAS, unha actividade de extensión cultural xa consolidada na USC, contempla sesións de observación con telescopios do Observatorio da lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, galaxias, etc., ademais dunha observación do Sol e a localización a simple vista de constelacións. Inclúe tamén varias charlas sobre temas astronómicos de actualidade e visualización de vídeos. O seguimento desta actividade, que se prolongará ata maio, permitirá convalidar 1 crédito ECTS ao alumnado dos distintos Graos e 1 de libre configuración para as licenciaturas. Semana da Ciencia 2012 Por outra banda, o Observatorio organiza tamén en novembro a Semana da Ciencia, con vistas guiadas ao centro (os días 9, 10, 16, e 17, de 21.00 a 24.00 horas), astronomía para nenos (os domingos 11 e 18), un obradoiro de reloxos de sol (o 10 de novembro), un obradoiro de telescopios (o día 17), un cursiño de iniciación (os días 5, 7, 12, e 14) e, finalmente, o programa itinerante que permite levar a astronomía a colectivos e escolares con dificultades de achegarse ao Observatorio.