Pasar al contenido principal

A USC rende homenaxe a Ramón María Aller no Ano Internacional da Astronomía

A USC rende homenaxe a Ramón María Aller no Ano Internacional da Astronomía

O que foi catedrático de astronomía e fundador do Observatorio da USC, Ramón María Aller, recibe este luns 19 unha homenaxe da Universidade compostelá, que lle recoñece o seu labor pioneiro na investigación astronómica en Galicia.
Os actos conmemorativos deron comezo na Galería Sargadelos de Santiago coa inauguración dunha exposición que recolle obxectos persoais de Aller Ulloa como libros, escritos inéditos e aparellos astronómicos. Esta mostra, producida coa axuda do Museo Ramón María Aller e do IES Aller Ulloa lalinenses, acompáñase doutra filatélica coa que botan a andar un cuño conmemorativo e sobres filatélicos especiais.
A mostra prolongarase durante tres semanas co desenvolvemento de diversas actividades paralelas, entre elas a presentación da reedición, en colaboración co CSIC, dos ‘Ensaios en galego’que no seu día o padre Aller publicou na revista Logos e unha charla sobre a investigación da Lúa polo home do ex membro da NASA José Manuel Grandela.
Xa pola tarde o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, trasladarase ao camposanto de Donramiro, en Lalín, para descubrir unha placa de bronce conmemorativa.
Acto académicoNumerosas autoridades académicas e civís asisten no final desta tarde ao acto central da xornada que se desenvolverá na Aula Aller Ulloa da Facultade de Matemáticas. Ademais do reitor Barro, participan o Presidente da Sociedad Española de Astronomía, a decana da Facultade de Matemáticas, o alcalde de Lalín, un familiar do homenaxeado e o profesor e actual director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
A homenaxe rematará cunha observación astronómica a partir das 21:00 horas no Observatorio universitario de Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2025.