Pasar al contenido principal

A USC homenaxeará a Ramón María Aller no Ano Internacional da Astronomía

A USC homenaxeará a Ramón María Aller no Ano Internacional da Astronomía

O que foi catedrático de astronomía e fundador do Observatorio da USC, Ramón María Aller, será homenaxeado este luns 19 pola Universidade compostelá, que lle recoñecerá o seu labor pioneiro na investigación astronómica en Galicia.
Os actos conmemorativos darán comezo ás 11:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago coa inauguración dunha exposición que recolle obxectos persoais de Aller Ulloa como libros, escritos inéditos e aparellos astronómicos. Esta mostra, producida coa axuda do Museo Ramón María Aller e do IES Aller Ulloa lalinenses, acompáñase doutra filatélica coa que botan a andar un cuño conmemorativo e sobres filatélicos especiais.
A mostra prolongarase durante tres semanas co desenvolvemento de diversas actividades paralelas, entre elas a presentación da reedición, en colaboración co CSIC, dos ‘Ensaios en galego’que no seu día o padre Aller publicou na revista Logos e unha charla sobre a investigación da Lúa polo home do ex membro da NASA José Manuel Grandela.
Placa en LalínXa o luns pola tarde o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, trasladarase ao camposanto de Donramiro, en Lalín, para descubrir ás 17:00 horas unha placa de bronce conmemorativa.
Acto académicoNumerosas autoridades académicas e civís asistirán esa mesma tarde, ás 19:00 horas, ao acto central da xornada que se desenvolverá na Aula Aller Ulloa da Facultade de Matemáticas. Ademais do reitor Barro, participan o Presidente da Sociedad Española de Astronomía, a decana da Facultade de Matemáticas, o alcalde de Lalín, un familiar do homenaxeado e o profesor e actual director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
A homenaxe rematará cunha observación astronómica a partir das 21:00 horas no Observatorio universitario de Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2025.