Pasar al contenido principal

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza o congreso ‘Astronomía nas Rutas Xacobeas’

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Esta iniciativa levará por unha morea de sedes, tanto dentro como fóra de Galicia, conferencias, presentacións, e sesións de observación nocturna do ceo, tanto a simple vista como con telescopios
Santiago de Compostela

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza o congreso público ‘Astronomía nas Rutas Xacobeas’, unha iniciativa que levará por unha morea de sedes, tanto en Galicia como fóra dela, conferencias, presentacións, e sesións de observación nocturna do ceo, tanto a simple vista como con telescopios.

O Congreso iníciase este venres en Padrón, a partir das 22.30 horas, no Campo de Fútbol de Flavia e cun aforo limitado a 50 persoas, para continuar logo en Lalín, Boqueixón, Rianxo, Teo, Allariz, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo, Ribadeo, Monforte, Noia e Vedra, aínda que en varios concellos haberá máis dunha sesión. “Polo de agora, mantense aberta a incorporación doutros concellos galegos e agárdase confirmar en breve as actuacións en León, Burgos, Logroño, e máis Pamplona”, explica o director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez.

En todos os casos, as sesións van ter lugar baixo as máis estritas medidas sanitarias en colaboración cos distintos concellos participantes. Esta iniciativa conta co financiamento de Turismo Galicia da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2025.