Pasar al contenido principal

Funcións

Funcións do Valedor da Comunidade universitaria

A institución do valedor non debe ser considerada como un simple servizo de recepción de queixas, senón que o conxunto da súa actuación hai que enmarcalo nun contexto de mellora da docencia e do funcionamento da Universidade, así como na defensa dos dereitos de todos os membros da comunidade universitaria. Tendo en conta o anterior cómpre indicar que as súas funcións principais son:

  1. Recibir e tramitar as queixas que lle sexan enviadas, e buscar solucións ás mesmas ante os diferentes órganos e servizos universitarios.
  2. Formular suxestións e recomendacións ante os órganos universitarios que considere oportunos.
  3. Actuar como mediador e conciliador cando sexa requirido para iso por calquera membros da comunidade universitaria.
  4. Atender as consultas que se lle expoñan procurando dar información e orientación sobre as mesmas.

Quen pode acudir ao valedor?

  1. Calquera membro da comunidade universitaria que así o desexe poderá dirixirse ao valedor persoal ou telefonicamente, presentar queixas ou solicitar a súa mediación.
  2. Tamén poderán presentar queixas e efectuar consultas persoas que, aínda non pertencendo á comunidade universitaria, teñan relación e intereses lexítimos na Universidade de Santiago de Compostela.