Pasar al contenido principal

Profesorado

Profesorado do Programa de Doutoramento e Directores de Tese (externos)

Universidade de Santiago de Compostela

Jesús Liñares Beiras
Jesús Liñares Beiras

Dr. Jesús Liñares Beirassuso.linares.beiras [at] usc.es (suso[dot]linares[dot]beiras[at]usc[dot]es) Catedrático de Universidade da Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Coordinador do PD Interuniversitario en Láser, Fotónica e Visión.  É Licenciado en Física (1984), Licenciado con Grao en Física (1985) e Doutor en Física (cum laude e premio extraordinario 1988)  pola  Universidade de Santiago de Compostela (USC). É Coordinador do Grupo de Investigación en Materiais Cuánticos e Fotónica (GI-1487 QMatterPhotonics), actualmente Grupo de Referencia Competitiva (2018-2021). Fixo distintas estadías de investigación no IFAC-CNR (Florencia, Italia) e na Universidade de Groningen (Netherlands). É autor dunhas 150 publicacións internacionais (e unhas  40 nacionais) nos campos da óptica de medios inhomoxéneos e fibras ópticas,  óptica integrada e fotónica cuántica integrada.  Foi investigador principal de máis de doce proxectos de investigación, supervisor de catorce estudantes  de nivel de máster e director de tese de nove estudantes de doutoramento, todos eles no campo da  Óptica e a Fotónica. Profesor de Optica (Clásica) e Optica Cuántica na Facultade de Física da USC.

Vicente Moreno de las Cuevas
Vicente Moreno de las Cuevas

Dr. Vicente Moreno de las Cuevas, vicente.moreno [at] usc.es (vicente[dot]moreno[at]usc[dot]es )Catedrático de Escuela Universitaria. Area de Optica. Departamento de Física Aplicada. Secretario da CAPD PD Interuniversitario en Láser, Fotónica e Visión. Licenciado en Física e Doutor en Física pola USC (1990). Membro do  Grupo de  Materiais  Cuánticos e  Fotónica - GRC-(GI-1487) -da USC. Ha  participado en mais 12 proxectos de investigación, algúns multidisciplinares  dedicados ao estudo  biomecánico de estruturas óseas ou á fabricación de estruturas de cristal  fotónico. Centrou a súa  investigación no deseño, fabricación e aplicacións de elementos ópticos  difractivos tanto xerados por métodos  interferométricos como por  computador, para o rango visible e IR. En aplicacións  da  interferometría clásica e de  speckle  para a análise de tensións mecánicas e térmicas en mandíbulas, dentes e próteses de titanio. Actualmente, desenvolve investigacións teórico experimentais de Óptica  Cuántica. Mais de 45 comunicacións en congresos e 40 artigos en revistas nacionais e internacionais do ámbito da óptica e mais de 25 en revistas  indexadas  JCR. Dirixiu 5 tese doutorais,  tutorizado outras 5,  e mais de 12  traballos de  inciación á investigación. Foi director da Escola Universitaria de  Optica e  Optometría da USC e  Subdirector do Instituto de Ciencias da Educación. Participa no Programa A Ponte da USC impartindo charlas divulgativas en IES y FP.

Eva Maria Acosta Plaza
Eva Maria Acosta Plaza

Dra. Eva Maria Acosta Plaza, eva.acosta [at] usc.es (eva[dot]acosta[at]usc[dot]es) Catedrática do Departamento de Fisica Aplicada da Facultade de Física,  graduouse e realizou o seu doutoramento en C. Físicas na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións iniciais no campo da microóptica e comunicacións ópticas desenvolvéronse en parte no Tokyo Institute of Technology con Grant Fellowships e Senior Fellowships da CE. Actualmente a súa investigación céntrase no campo da óptica visual, desenvolvendo cámaras de fondo de ollo de alta resolución e compoñentes oftalmicos para a corrección de presbicia. Foi investigadora principal de máis de 10 proxectos de investigación en convocatorias competitivas, directora de 7 teses doutorais e coautora de máis de 70 publicacións científicas. Colabora activamente co College of Optical Sciences da Universidade de Arizona e a Universidade Politécnica de Tulancingo en México entre outras institucións. Das súas tarefas docentes adora o ensinar a linguaxe da Ciencia. Encántalle bailar e deseñar xoiería de alta costura.

Justo Arines Piferrer
Justo Arines Piferrer

Dr. Justo Arines Piferrer, justo.arines [at] usc.es (justo[dot]arines[at]usc[dot]es) Profesor Contratado Doutor do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.  Licenciado (1997) e Doctor (2006) en Ciencias Físicas, e Diplomado en Optica e Optometría (2002) pola Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade foi profesor das universidades de Vigo (4 meses) e Zaragoza (5 años). As súas líñas de investigación son variadas, traballando actualmente en Iluminación do patrimonio construido, Optica Visual, Procesado de Imaxe e Aberracións ópticas.

Maria del Carmen Bao Varela
Maria del Carmen Bao Varela

Dra. Maria del Carmen Bao Varela, %20carmen.bao [at] usc.es (carmen[dot]bao[at]usc[dot]es) Profesora Titular de de Universidade. Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC.  É Licenciada en C. Físicas (1993), Licenciada con Grao en Física (1994) e Doutora en Física (cum laude 1997) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).  Membro do Grupo de Investigación Photonics4Life. (GI-1479) da USC. É co-autora de máis de 70 publicacións internacionais nas áreas da óptica GRIN e das tecnoloxías láser.  Foi investigadora principal de 4 proxectos de investigación, supervisora de catro estudantes de nivel de máster e directora de tese de catro estudantes de doutoramento, todos eles no campo da Óptica e a Fotónica. Na actualidade imparte docencia nos Graos en Física e en Óptica e Optometría da USC.

Salvador Xurxo Bará Viñas
Salvador Xurxo Bará Viñas

Dr. Salvador Xurxo Bará Viñas, salva.bara [at] usc.es (salva[dot]bara[at]usc[dot]es) Profesor Titular de de Universidade. Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Membro do Grupo de Investigación Photonics4Life. (GI-1479) da USC. Miña investigación actual céntrase na aplicación de métodos, conceptos e dispositivos de Física e Fotónica para analizar, avaiar e resolver problemas relacionados coa contaminación lumínica, é dicir, cos efectos non desexados asociados coa alteración da oscuridade natural da noite debido ás emisións de luz artificial. En anos anteriores, miña investigación abordou (e inda o fai parcialmente) o sistema visual humano, particularmente nas  áreas directamente relacionadas coa calidade óptica do ollo: aberrometría ocular, detección do frente de onda e microóptica. En colaboración con varios dos meus colegas de investigación e estudantes de doutoramento do grupo Photonics4Life da USC, desenvolvimos unha análise exhaustiva das estatísticas do ollo humano e da forma na que funcionan os aberrómetros clínicos, cales son as súas limitacións e como se poden mellorar. Para máis información pódese ver web persoal.

Raúl de la Fuente Carballo
Raúl de la Fuente Carballo

Dr. Raúl de la Fuente Carballo, raul.delafuente [at] usc.es (raul[dot]delafuente[at]usc[dot]es) Profesor Titular de  Universidade da Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Membro do Grupo de Investigación Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Blanda. (GI-1488) da USC. Licenciado en Ciencias pola Universidade Autónoma de Madrid (1987) e doutor en  Física pola Universidade de Santiago de Compostela (1992). Realizou estadías no Institute de Communications Optiques et Microondes (hoxe en día XLIM) en Francia. Participou en 22 proxectos de investigación de concorrencia competitiva, en 6 deles como investigador principal. É coautor de máis de 60 publicacións científicas de alto impacto en  campos como a óptica non lineal, a óptica ultrarrápida, a espectrometría e a interferometría. Actualmente está traballando na caracterización óptica de materiais iónicos e nas aplicacións da refractometría na industria. Compaxina a súa actividade investigadora no seno do grupo Nanomateriais, Fotónica e Materia branda (NaFoMat) coas súas tarefas docentes na facultade de Física.  

Maria Teresa Flores Arias
Maria Teresa Flores Arias

Dra. Maria Teresa Flores Arias, maite.flores [at] usc.es (maite[dot]flores[at]usc[dot]es)  Profesora Titular de Universidade na Facultade de Física da USC desde o ano 2009. Licenciada e doutorada con Premio Extraordinario (USC), en 1997 e 2001, respectivamente. Bolsa de Formación de Persoal Investigador do Ministerio de Investigación. Estancias postdoctorales en Francia. Contrato de investigación “Isidro Parga Pondal”.  Publicou máis de 100 artigos de investigación en revistas internacionais. 20 conferencias convidadas en congresos internacionais. Foi IP de 6 proxectos nacionais e europeos. Organizou 3 Congresos Internacionais e formado parte de máis de 15 Congresos. Mais de 10 proxectos con empresas, sendo 6 deles coa empresa INDITEX. Dirixiu  5 tese doutorais. É Presidenta do Comité de Optoelectrónica da Sociedade Española de Óptica e é Vicepresidenta do Comité de Técnicas de la  Imagen español. Coordina e dirixe o grupo de divulgación da Sociedade Americana de Óptica (OSA). É membro do Comité de Ciencias de la  Agencia de Evaluación y Acreditación de la Agencia Andaluza del Conocimiento e da Axencia  de Calidade para o Sistema Universitario de Galicia.

Maria Elena López Lago
Maria Elena López Lago

Dra Maria Elena López Lago, elena.lopez.lago [at] usc.es (elena[dot]lopez[dot]lago[at]usc[dot]es) Profesora Titular de de Universidade. Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Membro do Grupo de Investigación Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Blanda. Licenciada con Grao e doutora en  Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estadías na Universidade de Joensuu (Finlandia) Universidade Tecnolóxica de Helsinki (Finlandia) e no Institute de Communications Optiques et Microondes (hoxe en día XLIM) en Francia, neste caso ao abeiro dunha bolsa postdoutoral Marie Curie do programa IHP da UE.  Participou en 25 proxectos de investigación de concurrencia competitiva, nun deles como investigadora principal. É coautora de máis de 50 publicacións científicas de alto impacto en  campos como óptica non lineal e ultrarrápida, espectrometría e interferometría. Actualmente está interesada no deseño e caracterización de materiais iónicos para o seu uso en dispositivos ópticos intelixentes. Compaxina a actividade investigadora dentro do grupo Nanomateriais, fotónica e materia branda (NaFoMat) coas súas tarefas docentes e de xestión na facultade de Física como decana da Facultade de Física e Coordinadora do Máster de Física (GI-1488) da USC.  

Carlos Montero Orille
Carlos Montero Orille

Dr. Carlos Montero Orille, carlos.montero [at] usc.es (carlos[dot]montero[at]usc[dot]es) Profesor Titular de  Universidade da Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Membro do  Grupo de Materiais Cuánticos e Fotónica (GI-1487) da USC. Licenciado en Física pola Universidade de Barcelona (1990), e Licenciado con Grao (1991) e Doutor en Física (1996) pola USC. Realizou unha estadía posdoutoral no Departamento de Física da Universidade de Montreal (Canada). É coautor de máis de 30 publicacións en revistas internacionais indexadas na Web of Science no campo da óptica e dos materiais, especialmente en óptica integrada, sensores e deseño óptico. Tamén participou en máis de 10 proxectos de investigación de concorrencia competitiva. Actualmente a súa investigación céntrase nas melloras dos procesos de litografía óptica así como na fabricación de elementos ópticos singulares mediante intercambio iónico e/ou deposición de capas finas.

Sin foto

Dra. Maria Concepción Nistal Fernández, mconcepcion.nistal [at] usc.es (mconcepcion[dot]nistal[at]usc[dot]es) Profesora Contratada Doutora. Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Licenciada en Física, Especialidade Fundamental,  e Doutora en Física  (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela. É  coautora de máis de 30 publicacións en revistas internacionais indexadas no JCR, e participou en máis de 15  proxectos de investigación. É membro do Grupo de Materiais Cuánticos e Fotónica (GI-1487) da USC. Impartiu e imparte docencia no Grao de Física, no Grao de Óptica e Optometría e no Grao de Biotecnoloxía. Os seus intereses de investigación inclúen efectos topolóxicos na luz e a radiación, óptica integrada e iluminación.

Xesús Prieto Blanco
Xesús Prieto Blanco

Dr. Xesús Prieto Blanco, xesus.prieto.blanco [at] usc.es (xesus[dot]prieto[dot]blanco[at]usc[dot]es)  Profesor Contratado Doutor na área de Óptica do Departamento de Física Aplicada da USC. Licenciado en Física, especialidade Electrónica, Licenciado con Grao e Doutor en Física (con Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten impartido docencia nunhas 20 materias distribuídas entre a Facultade de Física (licenciatura, grao e másteres) e a de Óptica e Optometría (diplomatura e grao). A súa investigación tense concentrado en dúas liñas principais: sensores de imaxe hiperespectral e óptica integrada, incluíndo tanto traballos teóricos como experimentais. É autor ou coautor de máis de 30 publicacións en revistas internacionais indexadas no JCR. Unha delas foi incluída dentro das vinte mellores innovaciones fotónicas do año 2012 pola revista Laser Focus World. Tamén participou en 10 proxectos de investigación sendo actualmente IP dun deles. É membro do Grupo de Materiais Cuánticos e Fotónica (GI-1487) da USC. Os seus intereses a medio prazo inclúen a aplicación da litografía e o intercambio iónico á fabricación de elementos difractivos, e en proseguir a liña en óptica integrada en vidro para o seu uso en multiplexación espacial e óptica cuántica.

Sin foto

Dra. Luz Maria Gigirey Prieto, luz.gigirey [at] usc.es (luz[dot]gigirey[at]usc[dot]es) Profesora Contratada Doutora. Area de Optica do Departamento de Física Aplicada da USC. Membro do  Grupo Optometría (GI-2092) da USC.

Universidade de Vigo

Jesús Blanco-García
Jesús Blanco-García

Dr. Jesús Blanco-García, jblanco [at] uvigo.es (jblanco[at]uvigo[dot]es) Catedrático de Escola Universitaria. Dpto Física Aplicada da E.E. Industrial. UVIGO. Recibiu o seu Doutoramento en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1992 cunha Tese sobre Interferometría Holográfica. Actualmente imparte Física na Universidade de Vigo. Os seus intereses investigadores inclúen interferometría holográfica, métodos moiré, ESPI, interferometría e análises de franxas.

Sin foto

Dr. Marcos Curty Alonso, mcurty [at] com.uvigo.es (mcurty[at]com[dot]uvigo[dot]es)   Profesor Titular de Universidade no departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo. Recibiu o seu M. Sc. e Doutoramento en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo en 1999 e 2004, respectivamente. En 2001 uniuse ao Quantum Information Theory Group na Universidade de Erlangen- Nürnberg e obtivo un Ph.D en Física (2006) baixo a supervisión do Prof. Norbert Lütkenhaus. Despois dos postos de posdoctorado na Universidade de Toronto ( Prof. Hoi- Kwong Lo) e no Instituto de Computación Cuántica, Universidade de Waterloo (Prof. Norbert Lütkenhaus), uniuse ao Departamento de Enxeñería Electrónica e de Comunicacións na Universidade de Zaragoza como Profesor Asistente. O seu interese de investigación radica no procesamento da información cuántica, particularmente a criptografía cuántica.

Sin foto

Dr. Francisco Javier Fraile Peláez, fj_fraile [at] com.uvigo.es (fj_fraile[at]com[dot]uvigo[dot]es) Catedrático da área de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo. É Enxeñeiro de Telecomunicación (1985) e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1990) pola Universidade Politécnica de Madrid. Ingresou como profesor na Universidade de Santiago de Compostela en 1989, . As súas áreas de investigación inclúen os dispositivos optoelectrónicos, comunicacións ópticas, óptica non lineal, e óptica cuántica.

Sin foto

Dr. José Carlos López Vázquez, jclopez [at] uvigo.es (jclopez[at]uvigo[dot]es) Profesor Titular do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo.

Humberto Michinel
Humberto Michinel

Dr. Humberto Michinel,  hmichinel [at] gmail.com (hmichinel[at]gmail[dot]com) Catedrático de Óptica na Universidade de Vigo en Ourense. Doutor en Física Aplicada (óptica) da Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Estancias de investigación na Universidade Tecnolóxica de Chalmers ( Gotemburgo, Suecia) Universidade Nacional de Australia ( Canberra, Australia), Ecole Normal Superieur (París, Francia) e MPQ ( Garching, Alemaña).  A súa investigación céntrase na propagación de ondas non lineais en sistemas láser e ondas de materia. É vicepresidente da Comisión Internacional de Óptica ( ICO).Actual Presdiente electo da EOS para o período 2018-2020. O Prof. Michinel foi o director do curso de Master "Tecnoloxías Fotónicas e Láser" outorgado polas tres universidades de Galicia (España).

Angel Paredes Galan
Angel Paredes Galan

Dr. Angel Paredes Galan, aparedesgalan [at] gmail.com (aparedesgalan[at]gmail[dot]com) Profesor Titular de Óptica na Universidade de Vigo en Ourense.  Doutorado en Física de Partículas pola Universidade de Santiago de Compostela (2004). Estadías posdoutorais (2004-2011) na École Polytechnique (Francia), Universidade de Utrecht (Países Baixos) e Universidade de Barcelona. Chegou á Universidade de Vigo en 2011 cun contrato Ramón y Cajal.  Ten máis de 50 publicacións en revistas internacionais indexadas en diversos eidos: física de partículas, gravitación, física atómica, óptica cuántica, óptica non lineal e modelado de sistemas. Traballa no grupo de óptica física no campus de Ourense.

José Ramón Salgueiro
José Ramón Salgueiro

Dr. José Ramón Salgueiro, jrs [at] uvigo.es (jrs[at]uvigo[dot]es) Profesor Titular de Universidade. Doutorouse en ciencias físicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 traballando no campo da óptica integrada. De seguido foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en Ourense, e orientou a súa investigación cara o eido da óptica non liñal co Grupo de Óptica Física. En 2002 realizou unha estadía posdoutoral de dous anos no Nonlinear Physics Center da Australian National University (ANU) en Canberra (Australia). En 2005 acadou un contrato do Programa Ramón y Cajal na Universidade de Vigo, onde na actualidade é profesor titular e investiga nos campos dos cristais fotónicos, óptica non liñal, plasmónica, tecnoloxía de THz e sensores fotónicos.

Daniele Tommasini
Daniele Tommasini

Dr. Daniele Tommasini, daniele.tommasini [at] gmail.com (daniele[dot]tommasini[at]gmail[dot]com) Profesor Contratado Doutor no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. MSc e Ph.D. en Física de Partículas na Escola Internacional de Estudos Avanzados de Trieste. El foi post doc. no "Instituto de Física de Partículas" ( IFIC) de Valencia, profesor visitante no Departamento de Física Teórica da Universidade de Valencia, e bolseiro na División de Teoría do CERN en Xenebra.  Os seus intereses de investigación están na física de campo alto; máis concretamente, o deseño de experimentos de física de partículas con láseres de alta potencia e propagación da luz en medios ópticos altamente non lineais.

Sin foto

Dra. Cristina Trillo, mctrillo [at] uvigo.es (mctrillo[at]uvigo[dot]es.) Profesor Contratado Doutor no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. Enxeñeira Industrial pola Universidade de Vigo en 1999 e Doutora pola Universidade de Vigo en 2004. Estancias postdoutorais no Institut für Technische Optik-ITO da Universidade de Stuttgart (Alemania), a Universidade Católica de Lovaina (Louvain-la-Neuve, Bélxica) e o Centro de Investigaciones en Óptica (León, México). Os seus intereses en investigación inclúen técnicas de avaliación de fase e medidas ópticas e inspección non destructiva mediante holografía dixital.  

José Benito Vázquez Dorrío
José Benito Vázquez Dorrío

Dr. José Benito Vázquez Dorrío, bvazquez [at] uvigo.es (bvazquez[at]uvigo[dot]es)  Profesor Titular de Universidade. Licenciado en Ciencias Físicas en 1990 pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Física en 1996 pola Universidade de Vigo. Desde 1998, ocupa un posto de investigación permanente como Profesor Titular de Universidade na Universidade de Vigo. Actualmente imparte clases de Física nos Graos en Enxeñaría da Universidade de Vigo. É coautor máis de 70 publicacións científicas internacionais en Scopus. Os seus intereses de investigación inclúen análises de franxas, interferometría e métodos de avaliación de fase.

Universidade da Coruña

José Manuel Amado Paz
José Manuel Amado Paz

 Dr. José Manuel Amado Paz, jose.amado.paz [at] udc.es (jose[dot]amado[dot]paz[at]udc[dot]es) Profesor Contratado Doutor. Area Ingeniería Mecánica. Dpto. Enxeñaría Naval e Industrial.  UDC. Membro do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicaciones Industriales del Láser. Licenciado en Fisica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña. Profesor Contratado Doutor na Área de Enxeñaría Mecánica don Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial. Escola Politécnica Superior. Investigación centrada no procesado de materiais con láser

Ana Jesús López Díaz
Ana Jesús López Díaz

Dra. Ana Jesús López Díaz, ana.xesus.lopez [at] udc.es (ana[dot]xesus[dot]lopez[at]udc[dot]es) Profesora Titular de Universidade na área de Enxeñaría Mecánica do Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial. Licenciada en Ciencias Físicas (1988) e Doutora en Ciencias Físicas (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigadora do grupo Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser(LAIL) da Universidade da Coruña. As principais liñas de investigación centranse, na actualidade, nos procesos de ablación láser para limpeza e texturizado de materiais.

Maria Paz Mateo Orenes
Maria Paz Mateo Orenes

Dra. Maria Paz Mateo Orenes, paz.mateo [at] udc.es (paz[dot]mateo[at]udc[dot]es)  Profesorar Contratada Doutora. Licenciada en Química (1998) pola Universidade de Málaga. Doutora en Química (cum laude e premio extraordinario 2003) pola Universidade de Málaga, no campo da análise de materiais con láser. Premio a mellor tese de doutoramento (2004) concedido polo Grupo Andaluz da Sociedade Española de Química Analítica (GRASEQA) para mozos investigadores (2004) e pola Sociedade Española de Espectroscopía Aplicada (SEA). Forma parte do Laboratorio de Aplicacións Láseres Industriais da Universidade da Coruña (UDC) dende 2003, cando foi contratada como investigadora de Parga Pondal entre 2004 e 2009. Dende ese ano é profesora contratada no Departamento de Enxeñaría Mecánica do Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial da Escola Politécnica de Ferrol (UDC). As liñas de investigación desenvolvidas centranse na análise e tratamento de materiais con láseres pulsados..

Ginés Nicolás Costa
Ginés Nicolás Costa

Dr. Ginés Nicolás Costa, gines.nicolas [at] udc.es (gines[dot]nicolas[at]udc[dot]es) Profesor Titularde Universidade. Area de v Mecánica. Dpto. EnxeñaríaNaval e Industrial.  UDC. Membro do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicaciones Industriales del Láser

Alberto Ramil Rego
Alberto Ramil Rego

Dr. Alberto Ramil Rego, alberto.ramil [at] udc.es (alberto[dot]ramil[at]udc[dot]es) Profesor Titular de Universidade. Area de Enxeñaría Mecánica. Dpto. Enxeñaría Naval e Industrial.  UDC. Membro do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicaciones Industriales del Láser. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1987, premio extraordinario). Doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor Titular de Universidade na Area de Enxeñaría Mecánica do Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial (1997). Membro do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser. As liñas de investigación se centran no microprocesado de materiais con láseres de pulso curto e ultracurto.

María José Tobar Vidal
María José Tobar Vidal

Dra. María José Tobar Vidal, maria.jose.tobar [at] udc.es (maria[dot]jose[dot]tobar[at]udc[dot]es) Profesora Contratada Doutora na Area de Enxeñaría Mecánica do Dpto. de Enxeñaría Naval e Industrial. Licenciada en Ciencias Físicas (1991) e Doctora en Ciencias Físicas (1999) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).  Membro do Grupo de Investigación Laboratorio de Aplicaciones Industriales del Láser (LAIL) da UDC. Desenvolve a sua actividade investigadora no ámbito do procesado de aleacións metálicas e metal/cerámicas (aceiros, aleación de Titanio, Niquel, Cobalto e carburos) mediante láseres de alta potencia. As principais líñas de investigación teñen como obxetivo a mellora de superficies fronte o desgaste, a oxidación ou a corrosión e a fabricación aditiva de componentes

Armando Yáñez Casal
Armando Yáñez Casal

Dr. Armando Yáñez Casal, armando.yanez [at] udc.es (armando[dot]yanez[at]udc[dot]es)  Catedrático de Universidade. Area de Enxeñaría Mecánica. Dpto. Enxeñaría Naval e Industrial.  UDC. Coordinador do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser. Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Dr. En Física por esa mesma Universidade en 1991. Dende a súa incorporación a Escola Politécnica Superior en 1993 ven traballando  en proxectos relacionados con las aplicacións industriais do láser.  A partir de 1999 pasa a ser investigador principal de algún de eles. Os resultados de este traballo, que continúa na actualidade son mais de 100 publicacións, participación en 18 proxectos de investigación sendo IP de 14 de eles, 5 do Plan Nacional. También coordinou 10 contratos con empresas y co-dirixiu 5 teses doutorais.

Directores de Tese (externos)

Sin foto

Dra. Jana Nieder, jana.nieder [at] inl.int (jana[dot]nieder[at]inl[dot]int) Xefa do Departamento de Nanofotónica e líder do grupo de investigación "Ultrafast Bio e Nanophotonics". A súa investigación céntrase no uso e desenvolvemento de técnicas fotónicas para mellorar a nosa comprensión da vida a nanoescala  e para facer avanzar o desenvolvemento de nanomateriais funcionais con aplicacións en tecnoloxías cuánticas, sensores de (bio) e nanomedicina. Jana B. Nieder xuntouse ao INL a finais de 2014, despois de traballar no campo da microscopía de super-resolución (IGC - Instituto Gulbenkian de Ciencia, PT), e espectroscopía Ultrarrápida dunha soa  molécula (ICFO - O Instituto de Ciencias fotônicos , ES). Recibiu o seu doutorado pola Free Universität Berlin (DE), onde o seu traballo contribuíu a unha mellor comprensión dos efectos da interacción pigmento-proteína e plasmónica utilizando espectroscopía de molécula única a baixa temperatura. O grupo de investigación formado (ligazón https://inl.int/ultrafast-bio-and-nanophotonics/) é interdisciplinar con investigadores de física, enxeñaría física, bioenxeñaría e química.

Francisco Javier Tamayo de Miguel
Francisco Javier Tamayo de Miguel

Profesor Francisco Javier Tamayo de Miguel, jtamayo [at] imm.cnm.csic.es (jtamayo[at]imm[dot]cnm[dot]csic[dot]es), Profesor de Investigación e Xefe do Grupo de Bionanomecánica do Instituto de Micro e Nanotecnoloxía pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (IMN-CSIC). Licenciado en Física e Doutor pola Universidade Complutense de Madrid (1998). Creou o grupo de Bionanomecánica no ano 2005 co obxectivo de desenvolver ferramentas baseadas na nanotecnoloxía para aplicacións biolóxicas, co foco nos sensores nanomecánicos. No ano 2017 forma parte da Selección Española da Ciencia. No ano 2018 recibiu o Premio da Real Sociedade Española de Física – Fundación BBVA, polo seu excelente nivel científico, tecnolóxico e de innovación no ámbito da Bionanomecánica. Foi coordinador de varios proxectos nacionais e rexionais e de dous proxectos europeos. Publicou máis de 80 artigos científicos en revistas de alto impacto con máis de 6000 citas e participou en máis de 200 congresos nacionais e internacionais. Está dirixindo catro teses de doutoramento e foi director de seis. É cofundador e conselleiro científico de dúas empresas con base tecnolóxica: MecWins S.A. e NanoDreams S.L. É un apaixonado do Running e de Bruce Springsteen.

Martín López García
Martín López García

Dr. Martín López Garcíamartin.lopez [at] inl.int (martin[dot]lopez[at]inl[dot]int,)  Director do Grupo de Estructuras Fotónicas Naturais e Artificiais (NAPS) no Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxia de Braga (INL) en Portugal.  As suas liñas de investigacion centranse no estudo da biofísica e a biomimética de estructuras fotónicas naturais. Tamén realiza investigacions no eido das nanoestructuras fotónicas compatibles coa integración de materiais dous dimensionais coma o grafeno. Recibeu o título de Física (especialización en Optoelectrónica) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)  en 2003. En 2006 comeza a sua tese de doutormento sobre estructuras híbridas fotonico-plasmónicas por autoensamblado no Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid polo que recibiu o titulo de Doutor polo USC e o CSIC  en 2011. Posteriormente realizou tarefas de Investigador Asociado no Photonics Group da  Universidad de Bristol (Reino Unido) onde desenrolou dispositivos integrados para óptica cuántica.   Ao mesmo tempo abriu unha nova liña de investigación no estudo das propiedades biofísicas de estructuras fotónicas naturais.  Dende 2017 e investigador principal no INL de Braga. Ten publicados mais de 30 artigos en revistas internacionais e o seu traballo é pioneiro na demostración de que a nanofotonica pode xogar un rol fundamental na adaptación dos organismos fotosintéticos ao seu entorno.

Daniel Nieto García
Daniel Nieto García

Dr. Daniel Nieto García, daniel.nieto [at] usc.es (daniel[dot]nieto[at]usc[dot]es )Investigador Posdoutoral I2C no Departamento de Física Aplicada.  M. Sc en Física Experimental pola Universidade Nacional de Irlanda e Doutor en Fotónica e Tecnoloxías do Laser (cum laude e premio extraordinario 2012)  pola USC. Realizou estadías posdoutorais na Escola de Medicina de Harvard,  no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e no Instituto de Bioenxeñaría Médica da Universidade de Oxford. Foi investigador senior no Centro Nacional de Aplicacións Láser da Universidade de Irlanda onde  actualmente é coordinador da unidade  de biofabricación.  Membro do Grupo de Investigación Photonics4Life (GI-1479) da USC e investigador asociado ó grupo de Patoloxías músculo-esqueléticas do FIDIS. É autor de  mais de 40 publicacións en revista científicas e 60 contribucións a congresos no eido de microfabricación con láser e mais recentemente no desenvolvemento de sistemas de biofabricación 3D con aplicación en enxeñería de tecidos e sistemas organ-on-a-chip. Participou en mais de 15 proxectos de investigación, 2 de investigador principal. É profesor  do Master en “Investigación Translacional é Mediciña Personalizada” da Universidade de Granada e  do curso “Laser Enabled bioprinting (PH115) dentro dos Masteres on “Key Enabling Technologies” e “Biomedical Science” daUniversidade Nacional de Irlanda - NUI Galway.   É Co-fundador e consultor científico da empresa “3DBIOLUX”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2023.