Pasar al contenido principal

Encontros de Lúa Chea 2024

Agricultura e sustentabilidade: vellos e novos camiños

29/02/2024 - 19.30 horas

Comeza a décima edición desta iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

As actividades agrarias e gandeiras levan asociadas un conxunto de prácticas que supoñen o manexo e a modificación directa e indirecta do medio en que se desenvolven.  Ao longo do tempo (e do espazo) cambian as prácticas, cambian as características e a conformación dos espazos agrarios e gandeiros e cambian tamén as interaccións que se establecen co exterior deles.

Nesta nova sesión de debate falaremos de sustentabilidade, de todo o que implica, e falaremos de produción agraria (e gandeira), e dos camiños que as unen.

Para iso contaremos coa presenza de dous labregos que nos falarán do camiño que levan percorrido e do manexo que fan na actualidade nas súas explotacións.

  • Aitor Lata, fundou canda seu irman Labrecos, unha cooperativa de traballo asociado que se dedica á produción de horta e granxa ecolóxica, cun enfoque rexenerativo e circular, que intenta completar o proceso produtivo sen recorrer a fertilizantes nin a insumos externos.
     
  • Víctor Boga xestiona Millo e Landrasunha granxa ecolóxica con produción hortícola e gandeira que diversifica tamén a súa actividade cara ao voluntariado e a formación.
Cartaz dos Encontros de Lúa Chea
Cartaz dos Encontros de Lúa Chea
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2024.