Pasar al contenido principal

Novas estratexias e cambios nos patróns espaciais de industrialización e rexionalización das cadeas globais de valor: o papel das políticas de descarbonización - REVALEC

Financiamento: Agencia Española de Innovación

Datas: 2023-2026

Proxecto financiado pola Agencia Española de Innovación
Proxecto financiado pola Agencia Española de Innovación

TÍTULO: Novas estratexias e cambios nos patróns espaciais de industrialización e rexionalización das cadeas globais de valor: o papel das políticas de descarbonización - REVALEC

INVESTIGADORES PRINCIPAIS: Xavier Vence Deza e Óscar Rodil Marzabal

FINANCIADOR: Axencia estatal de investigación

Resumo

O proxecto REVALEC aborda o estudo dunha temática de gran relevancia e actualidade que afecta á configuración espacial dos procesos produtivos, caracterizados hoxe en día por un alto grao de fragmentación a escala global (cadeas globais de valor: CGV) e que se enfrontan a un marco político e regulatorio cambiante, con crecente importancia das estratexias de transición ecolóxica e avance da Economía Circular (EC), xunto á protección dos mercados internos. A iso súmase o cambio de tendencia que se vive desde a Gran Recesión de 2008, acentuado pola recente crise do COVID-19, que puxeron de manifesto algunhas debilidades das CGV e marcan un punto de inflexión. O obxectivo do proxecto é xerar novo coñecemento a través da análise dos cambios de estratexia das principais potencias (UE, EE. UU. e China) que afectan os patróns espaciais de industrialización e rexionalización das CGV, con especial atención ao papel que desempeñan nestes procesos as políticas de descarbonización e de EC. O proxecto abórdase desde unha perspectiva que combina a análise teórica e empírica a partir das fontes de información dispoñibles a diferentes niveis.

ACTIVIDADES PREVISTAS:

  • Análise das estratexias industriais e económicas máis relevantes das principais áreas xeoeconómicas: UE, EE. UU. e China, e identificación de motivacións e tendencias.
  • Análise da incidencia das estratexias estudadas anteriormente nos patróns espaciais de industrialización e rexionalización das cadeas globais de valor.
  • Mapeo das CGV a través dos fluxos de comercio en valor engadido.
  • Análise do papel das estratexias de descarbonización e Economía circular no novo marco de desglobalización
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2024.