
Con esta actividade, queremos animar a coñecer o patrimonio natural e cultural do rural galego e xerar espazos de socialización en lingua galega para a comunidade da Escola e do Campus.
Comezamos en 2015 con saídas pola contorna da cidade de Lugo (ver aves, recoller cogomelos, descubrir os caneiros do Miño...) e pouco a pouco fómonos animando a afastarnos a cada vez máis, e achegámonos a Ortegal, á Mariña ou a Allariz.
Pero cada pouco tempo, hai que volver ao Courel...
Camiñadas 2024
Galería de camiñadas












