Pasar al contenido principal

I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento

Congreso organizado polo campus de especialización Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo

Lugo, 14-16 de outubro de 2024

Lugar de celebración: Salón de Actos  da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría EPSE, Rúa Benigno Ledo, 2, 27002 Lugo.

         O programa do Congreso xa está dispoñible! Por favor, revisa a sección PROGRAMA

AVISO: Ampliación do prazo de inscrición                           

Prazo de inscrición: do 15 de xullo ao 5 de outubro de 2024

Prazo para o envío de comunicacións:  PECHADO

A quen vai dirixido?

O congreso está dirixido á mocidade investigadora: estudantes de grao e máster, estudantes predoutorais e novos investigadores, interesados en compartir os seus resultados de investigación e poñerse en contacto con investigadores doutras areas. O evento non se dirixe soamente á mocidade investigadora da Universidade de Santiago de Compostela se non doutras universidades, centros de investigacións e outras institucións.

O principal obxectivo deste Congreso é crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora ibérica, presentando as súas investigacións e no que poidan xurdir diversas colaboracións.

En paralelo, o congreso convértese tamén nunha xuntanza de iniciación, divulgación e formación para os aspirantes, xa sexa de grao ou de máster, cara o inicio ou consolidación dunha carreira investigadora. As informacións e as experiencias compartidas son chave para aquelas persoas que elixen o camiño da investigación tras o remate dos seus estudos universitarios.

CONTACTO

Secretaría Técnica I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento

Enderezo
Edificio de apoio á investigación (CACTUS) Campus de Lugo s/n 27002 Lugo
Teléfonos
(+34) 982822427 / 982822854
Email
congreso.mocidadect@usc.gal
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.10.2024.