Pasar al contenido principal

Conferencia 'Exploracións espeleolóxicas na sima Aradelas', a cargo de Daniel Ballesteros

01.03.2025 | 11.30h
Detalle do cartel
Detalle do cartel

Os descubrimentos espeleolóxicos na sima Aradelas durante o 2024 revelaron a presencia de moonmilk (leite de lúa), un singular espleotema constituído por unha masa branca de carácter plástico no interior da cova. Este achado constitue a primera vez que se atopa este tipo de depósitos de cova en Galicia. Ademáis, o moonmilk da sima Aradelas está composto básicamente por minerais non documentados previamente na nosa rexión. Estes minerais son a hidromagnesita, un carbonato hidratado de magnesio, e a huntita, un carbonatos anhidro de calcio e magnesio. 

O achado foi obra da xeóloga Sarah Bonilla, da Universidad de Granada, quen aplicou unha análise de difracción de raios X (DRX) durante a realización da súa tese doutoral baixo a supervisión da xeóloga María Pilar Asta e a enxeñeira química Encarnación Ruiz Agudo. Estes resultados foron confirmados e ampliados posteriormente polo técnico responsable da Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais da Universidade de Santiago de Compostela, Óscar Lantes-Suárez. Grazas ao Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego sábese que probablemente estemos ante a primeira presencia coñecida de hidromagnesita e a huntita en Galicia.

O moonmilk foi achado nas novas galerías e pozos achados polos equipos espeleolóxicos na sima Aradelas en 2024. Estes equipos, pertencentes a 10 clubs galegos e dous asturianos, descubriron 2 km de condutos subterráneos, incluíndo o famoso lago Hydra, de 30 m de longo e 4 m de profundidade. Agora, os novos descubrimentos mineralóxicos poñen de relevancia á importancia da espeleoloxía galega no avance do coñecemento do mundo subterráneo, e confirman o valor patrimonial das covas do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, incluídas tamén no lugar de interese comunitaria Ancares-Courel (Rede Natura 2000), así como á Reserva da Bioesfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. 

Todas estas novas espeleolóxicas e científicas serán presentadas nunha conferencia organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela para o sábado 1 de marzo ás 11.30 horas. A conferencia será presentada por Daniel Ballesteros Posada, quen formou parte das exploracións espeleolóxicas practicadas na sima Aradelas, e que tamén pertece ao Comité Científico do Xeoparque. Durante a conferencia, o Presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro, doará unha mostra de moonmilk ao Museo de Historia Natural para preservar o novo achado científico na institución que por excelencia atesoura o patrimonio moble natural de Galicia. O mesmo 1 de marzo será presentada a mostra no MHN quedando exposta con carácter permanente no mesmo.

A charla está dirixida a adultos e familias e para asistir é preferible inscribirse previamente en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2025.