Pasar al contenido principal

Charla

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

08.03.2025 | 11.30h

Eclipses de Sol e Lúa
Eclipses de Sol e Lúa

En 2025 haberá dous eclipses totáis de Lúa e un parcial de Sol visibles dende Galicia. Daremos indicacións sobre a visibilidade e as técnicas para observar estes fenómenos.

Ademais falaremos das eclipses de Sol que se producirán na península ibérica nos anos que veñen, que farán da península un dos lugares do mundo máis axeitados para disfrutar deles.

Ramón Iglesias Marzoa é licenciado en Física, especialidade Electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciado e doutor en Astrofísica pola Universidade de La Laguna, cunha tese titulada Fundamental parameters for low-mass stars in eclipsing binaries: the mass-radius relation. Actualmente traballa como astrónomo técnico no Observatorio Astrofísico de Javalambre, que depende do Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón (CEFCA). Apaixoado por todo tipo de obxectos que se agochan detrás de outros, como estrelas binarias eclipsantes, ocultacións de estrelas pola Lúa e por asteroides, eclipses; e tamén das cousas que explotan: estrelas variables cataclísmicas, novas, supernovas e estrelas destellantes. Fai divulgación científica a través do Clube de Astronomía Vega, do que é socio fundador.

A actividade está organizada polo Clube de Astronomía VEGA Compostela e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.

Data sábado 8 de marzo

Horario 11.30 horas

Idade adultos e familias 

Prezo de balde

Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)

Detalle do cartel
Detalle do cartel
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2025.