Pasar al contenido principal

Asociación de Amigos do MHN

V Concurso de Fotografía da Natureza. Litoral galego: belezas e desastres

31.05.2025

Cartel do concurso
Cartel do concurso

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, en colaboración coa Facultade de Bioloxía da USC, convoca a quinta edición do seu Concurso de Fotografía da Natureza, baixo o tema: “Litoral galego: belezas e desastres”, unha ollada tanto ás beldades naturais como ás agresións que amosa a nosa costa.

Tema
A beleza e os problemas ambientais do litoral galego, desde unha perspectiva estética ou de denuncia.

Participantes
Concurso aberto a persoas afeccionadas e profesionais da fotografía, sen límite de idade.

Requisitos das imaxes

  • Fotografías orixinais e propias do autor/a.
  • Formato dixital, mínimo 150 ppp e 2000 px no lado máis longo.

  • Permítese o revelado pero non se admiten fotomontaxes.

  • Respecto á natureza: prohibido alterar o comportamento de animais ou modificar o seu hábitat.

Presentación
Cada participante poderá enviar ata dúas fotografías inéditas e non premiadas noutros concursos. Debe incluírse un PDF cos seguintes datos:

  • Título e lema da obra

  • Nome completo do autor/a

  • Enderezo, teléfono e e-mail

  • Anexo I cuberto (cesión de dereitos e protección de datos)

Envío por correo electrónico a: amhnusc [at] gmail.com
Indicar o lema no asunto do correo.

Prazo
Ata o 31 de maio de 2025 ás 23:59 horas.

Premios

  • 1º premio: 300 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

  • Premio especial á mellor fotografía de denuncia: 100 €

O xurado poderá declarar algún premio deserto se considera que as obras non teñen a calidade suficiente.

Exposición e entrega de premios
O fallo do xurado farase público na web do MHN www.usc.gal/museohn na primeira quincena de xuño. As mellores obras formarán parte dunha mostra no propio museo.

Dúbidas
Calquera dúbida pode ser consultada no mesmo enderezo amhnusc [at] gmail.com

Cartel do concurso
Cartel do concurso
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2025.