Visión dos planetas
Observación a simple vista dos planetas en 2024
MERCURIO | VENUS | MARTE | XÚPITER | SATURNO | |
XANEIRO | AS | AS | AS | DS | DS |
FEBREIRO | AS/ | AS | AS | DS | DS/ |
MARZO | DS// | AS | AS | DS | AS// |
ABRIL | DS/ AS// | AS | AS | DS | AS |
MAIO | AS | AS | DS/ | AS | |
XUÑO | AS/ DS// | AS | AS | AS | |
XULLO | DS | DS// | AS | AS | AS |
AGOSTO | DS/ AS// | DS | AS | AS | AS |
SETEMBRO | AS/ | DS | AS | AS | AS/ TN DS// |
OUTUBRO | DS// | DS | AS | AS | DS |
NOVEMBRO | DS | DS | AS | AS | DS |
DECEMBRO | AS// | DS | AS | AS/ TN DS// | DS |
Lenda
AS :antes da saída do Sol (ó Leste)
AS/ :antes da saída do Sol (ó Leste), pero só nos primeiros días do mes
AS// : antes da saída do Sol (ó Leste), pero só desde mediados do mes
DS: despois da posta do Sol (ó Oeste)
DS/ : despois da posta do Sol (ó Oeste), pero só nos primeiros días do mes
DS// : despois da posta do Sol (ó Oeste), pero só desde mediados do mes
PN :ó principio da noite
BPN: boa parte da noite
CTN : casi toda a noite
Eclipses
En 2024 haberá 4 eclipses, 2 de Sol e 2 de Lúa. A eclipse de Sol do 8 de abril, será visible como parcial nas illas máis occidentais de Canarias e no extremo noroeste da península. Coincide o solpor cando a eclipse acaba de comezar, polo que, a magnitude do mesmo será moi limitada. A eclipse parcial de Lúa do 18 de setembro poderá verse dende toda a xeografía española. O grao de escurecemento será escaso.
Eclipses de sol
- 08 de abril/ total
Visibilidade: Norteamérica e Centroamérica.
- 02 de outubro/ Anular
Visibilidade: Pacífico e sur de Sudamérica.
Eclipses de lúa
- 25 de marzo/ Penumbral
Visibilidade: América.
- 18 de setembro/ Parcial
Visibilidade: oeste de Asia, Europa, África e este de América. Eclipse parcial de moi baixa magnitude que será visible en toda España.
Estacións
Comezo das estacións no ano 2024
Primavera —> 20 marzo (4h 6m)
Verán —> 20 xuño (22h 51m)
Outono —> 22 setembro (14h 44m)
Inverno —> 21 decembro (10h 21m)
(Os instantes están dados na Hora oficial peninsular española)
Cambio da hora
Cambio da hora oficial no ano 2024
Como en anos anteriores, e de acordo coa normativa da Unión Europea, vaise proceder ao cambio de hora oficial os últimos domingos de marzo e outubro. Concretamente o día 31 de marzo adiantaráse o reloxo en 1 hora (ás 2h poñeranse as 3h) e o día 27 de outubro atrasarase o reloxo en 1 hora (ás 3h poñeranse as 2h).
De modo que a hora oficial peninsular española (T.O.) difire da escala de Tempo Universal Coordinado (T.U.C.) en 1 hora no HORARIO DE INVERNO e en 2 horas no HORARIO DE VERÁN.
T.O. = T.U.C. + 1h, INVERNO
T.O. = T.U.C. + 2h, VERÁN