Pasar al contenido principal

Novo libro de divulgación 'Astronomía en galego. Para aprender e desfrutar'

Portada do libro
Portada do libro
Acaba de ser publicado este texto de divulgación astronómica en galego dirixido a todos os públicos e que ven a cubrir un oco na literatura científica da nosa Comunidade.

Acaba de ser publicado este texto de divulgación astronómica en galego dirixido a todos os públicos e que ven a cubrir un oco na literatura científica da nosa Comunidade.

En máis de dúas centas páxinas con numerosas figuras e fotos a toda cor está resumido o esencial que os/as amadores/as da Astronomía deben saber para dar os seus primeiros pasos. Inclúense, nunha linguaxe amigable, tanto a parte máis matemática como a física desta atractiva ciencia co ánimo de que sexa de utilidade para aprender e desfrutar, tal como versa o seu título.

Pode ser así mesmo unha guía de interese para o alumnado da universidade de maiores (Cuarto Ciclo na USC) pero tamén nas ensinanzas medias e, en xeral, para todos/as os/as que sintan a Astronomía como unha forma de pasalo ben e adquirir coñecementos sobre o universo.

Dedicado ao profesor Ramón María Aller Ulloa, iniciador da investigación astronómica en Galicia, o libro está escrito por José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo, e José Ramón González Romay, tres persoas moi vinculadas ao Observatorio Ramón Mª Aller da USC e que teñen unha amplísima experiencia non só en divulgación, senón tamén en investigación e docencia.

O libro, de momento escrito só en galego, foi editado por Lápices 4.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2025.