Prazo para envío de resumos: PECHADO
Os interesados en presentar unha/un comunicación/póster deberán enviar cuberto o formulario de remisión de comunicacións á dirección congreso.mocidadect [at] usc.gal (congreso[dot]mocidadect[at]usc[dot]gal)
A secretaría técnica será a encargada de comunicarlle se a súa presentación foi elexida para comunicación oral ou póster entre o 17 e o 24 de setembro. De non recibir un correo neste prazo, recoméndamos que contacte coa secretaría técnica na dirección de correo indicada.
Para coñecer o día e a hora da súa presentación (oral/póster), deberá consultar o programa que se vai a ir actualizando na web do Congreso (sección Programa).
Indicacións para facer a presentación oral/póster:
Debido ao carácter multidisciplinar deste congreso, agradeceríamos que a súa comunicación teña un perfil divulgativo, evitando na medida do posible, aspectos "demasiado técnicos" que dificulten a súa comprensión pola gran maioría dos asistentes. Para a presentación oral pódese empregar calquera dos catro idiomas aceptados no Congreso: galego, portugués, castelán ou inglés. As diapositivas e o póster deberán estar escritos en inglés.
Concederanse premios á mellor comunicación oral e mellor póster.
Comunicacións orais
- Tempo de presentación: 10 minutos. Ao finalizar as presentacións de cada bloque haberá un tempo (10 minutos) para formular preguntas, comentarios e discusión (para todo o bloque).
- Presentación: É obrigatorio o uso das plantillas oficiais do Congreso para exposicións orais "Plantilla ponencias".
Pósteres
- Dimensións dos taboleiros onde colgarán os carteis: 105cm x 140cm (medidas recomendadas para o póster 90 cm ancho x 120 cm alto)
- A impresión dos pósteres será responsabilidade dos autores.
- Celebraranse sesións de avaliación de pósteres.
- Tempo de presentación: 2-3 minutos. Comentarios e discusión (ao finalizar cada bloque).
- É obrigatorio o uso das plantillas oficiais do Congreso "Plantilla póster"
- No mostrador de rexistro indicarase aos autores a zona onde se expoñerán os pósteres. A organización proporcionará os medios necesarios para que se poidan colocar nos paneis expositores.
- A retirada dos pósteres, debe ser realizada polos autores, e non deberá efectuarse antes de que conclúa o programa técnico do Congreso, co fin de que todos os asistentes dispoñan de tempo suficiente para a súa lectura. Os pósteres que non sexan recollidos tras a finalización do congreso serán retirados e eliminados.