II Premios da Cátedra Institucional Vida Saudable

Concedido o 2º premio de TFM a Alejandra Pérez de la Torre
Recentemente publicouse a resolución definitiva de concesión do II Premio a TFG e TFM da Cátedra Institucional Vida Saudable. A alumna egresada do MUPXS Alejandra Pérez de la Torre, acadou o 2º premio de TFM, co seu traballo “Estudo da relación existente na adolescencia entre o uso de cigarrillos electrónicos (CE) e os problemas de depresión”. Os nosos parabéns por ter acadado este recoñecemento.