Ir o contido principal

Investigadores do Grupo ICEDE asistiron en Malta a unha xuntanza do Proxecto europeo R2PI sobre economía circular

Investigadores do Grupo ICEDE asistiron en Malta a unha xuntanza do Proxecto europeo R2PI sobre economía circular
Investigadores do Grupo ICEDE asistiron en Malta a unha xuntanza do Proxecto europeo R2PI sobre economía circular
Investigadores do grupo ICEDE da USC asistiron eses días en Malta a unha xuntanza de traballo do proxecto europeo R2PI ‘Transition from linear to circular: Policy and Innovation’ na que se avanzou na creación da ontoloxía de Economía...

Investigadores do grupo ICEDE da USC asistiron eses días en Malta a unha xuntanza de traballo do proxecto europeo R2PI ‘Transition from linear to circular: Policy and Innovation’ na que se avanzou na creación da ontoloxía de Economía Circular, no estado actual da política europea neste ámbito e nas condicións necesarias para a súa difusión.

Na reunión participaron os membros do consorcio internacional do proxecto formado por 15 socios de nove Estados membros e países asociados (Reino Unido, Alemaña, Países Baixos, Francia, España, Malta, Polonia, Bélxica e Israel).

O obxectivo do proxecto R2π, co horizonte en 2020 e un financiamento de 3 millóns de euros, é acelerar a transición á economía circular, destacando os seus modelos de negocio e propoñendo políticas que os apoien.

R2π examina formas de pasar do concepto amplo de Economía Circular a un dos Modelos de Negocios da Economía Circular (CEBM) mentres se buscan fallas de mercado e nas políticas que dificultan a súa implementación, uso e aceptación. A singularidade deste proxecto é ter unha forte orientación empresarial que vaia máis aló dos obxectivos ambientais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.