Ir o contido principal

Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP)

O grupo Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP), GI-1866 da USC, constituíuse formalmente en 2005, no momento no que a USC reordenou os seus grupos de investigación. Con todo, os membros do grupo viñan traballando e colaborando moitos anos atrás en diferentes proxectos de investigación e contratos de asesoramento moi vinculados á modelización e valoración financeira.

Actualmente o grupo Valfinap está entre os 12 primeiros grupos dun total de 304, en produción científica, segundo o informe 2018-2019 da USC, e é un Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia, ED431 C 2020/18. Os seus membros lideran diversos proxectos europeos e outras actividades de formación, así como de transferencia e difusión do coñecemento e a investigación, de gran relevancia non só para o sistema universitario de Galicia senón tamén para a sociedade galega.

Actualidade