Ir o contido principal

Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

A asociación é unha entidade civil con personalidade xurídica plena cuxo obxectivo é a promoción do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e a colaboración co MHN coa finalidade de protección dos recursos naturais, especialmente no relativo ás funcións que debe cumprir un museo de ciencias naturais: científicas, culturais, educativas e recreativas, tanto para os membros da Asociación como para o público en xeral.

Logotipo da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

Está aberta a tódalas persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas en acadar estes obxectivos.

O 27 de novembro 2015 a Asociación celebrou a súa primeira asemblea xeral, na que socias e socios fundadores elixiron por unanimidade á Xunta Directiva formada polo reitor Juan Viaño quen presida os vindeiros catro anos a asociación, que ten por vicepresidenta á directora do Museo, Isabel Fraga Vila, como tesoureiro a Roberto Almuiña Díaz, como secretario a Francisco Caamaño Isorna e como vogais a Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia.

O 22 de novembro do 2018 tivo lugar a Asemblea Xeral do 2018, na que foi acordada a renovación da Xunta Directiva de esta asociación. Será o anterior tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz, o que presida a asociación, que ten por vicepresidenta a Rosario García-Echave López, como tesoureiro a José Luis Veiga Goy, como secretaria a Marta Vázquez Rodríguez, e como vogais a Marcos González González, Felipe Bárcena Varela de Limia, Adela Vázquez Vázquez e Manuel Sanmartín Durán.

Nomeamento de socios de honra da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

Na reunión da Xunta Directiva celebrada o 5 de xullo de 2016, acordouse nomear socios de honra pola súa xenerosa colaboración co Museo de Historia Natural da USC, de acordo co artigo 9º dos estatutos, a:

Emilio Rolán Mosquera

Manuel Sanmartín Durán

José Luis Pérez-Cirera López-Niño

Joaquín Pardo Gómez

Yolanda Aubard

Eduardo García-Rodeja Gayoso

 

In memoriam

Esta asociación lamenta profundamente o pasamento, o mes de decembro do 2016, do noso socio de honra Joaquín Pardo Gómez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2024.