Ir o contido principal

Unha Facultade multilingüe

O espazo da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria

Na Facultade de Veterinaria o galego é, igual ca no resto da USC, lingua propia e oficial. O profesorado e o alumnado usan libremente este idioma ou o castelán dentro e fóra das aulas, creando unha comunidade multilingüe que se enriquece co contacto e a convivencia con outras moitas linguas (inglés, portugués, francés...)

Pero Veterinaria é un centro peculiar dentro da USC: máis da metade do seu alumnado e unha porcentaxe relevante do seu profesorado proceden de fóra de Galicia. Isto supón unha dificultade engadida ás que o galego atopa no resto das facultades para converterse na lingua habitual da actividade docente.

E no entanto, esta Facultade forma profesionais para os cales comunicarse en galego vai ser unha competencia necesaria se pretenden exercer en Galicia, sobre todo nalgunhas especialidades (como a de "grandes animais") ou en ámbitos que manteñan relacións coas administracións públicas.

Esta situación crea unha fenda entre a presenza real do galego nas actividades académicas e a que debería ter para axudarlle ao estudantado (sobre todo ao foráneo) a asentar habilidades orais e escritas que acelerarían a súa integración na sociedade galega e no futuro desenvvolver unha comunicación profesional de calidade nesa lingua.

Desde a Comisión de Normalización Lingüística, delegada da Xunta de Facultade, queremos axudar a pechar esa fenda, desenvolvendo accións que animen ao profesorado e ao alumnado a usar o galego, e ofrecendo recursos e información que axuden a que ese uso sexa máis doado e de maior calidade. Se queres poñerte en contacto con nós para colaborar, achegar ideas ou simplemente recibir máis información, marta.lopez.alonso [at] usc.es (escríbenos) ou chámanos ao 982 822 621.

Accións da Comisión de Normalización Lingüística

Curso 2024- 2025

É unha actuación dirixida principalmente ao novo alumnado da Facultade de Veterinaria para estimular as actitudes favorables cara á lingua galega.

Podes ver os seus contidos aquí.

 

É unha competición de trivial en galego que a Comisión de Normalización desenvolveu como actividade de benvida do novo curso.

Máis información, aquí.

Esta iniciativa, en marcha desde o curso 2013-14, promove a oferta de materiais docentes en galego no Grao en Veterinaria.

Tes toda a información, na súa propia páxina.

Iniciativa que recoñece con dous premios de 100 e 75 euros os dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal, realizados dentro de materias do Grao en Veterinaria.

Máis información, aquí.

 

Iniciativa que recoñece con dous premios de 250 e 125 euros os dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal, redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2023-2024.

Máis información, aquí.

 

 

Recursos para...

  • Para comezar desde cero, a mellor opción é inscribirse no Curso de lingua galega (nivel A2) que o Centro de Linguas Modernas convoca ao comezo de cada cuadrimestre. Tamén se pode aprender galego partindo dun nivel inicial nos cursos da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, ou nos que preparan para superar o nivel 1 do sistema de certificación Celga, que convoca a Xunta de Galicia.
     
  • Se xa contas con coñecementos previos (es capaz de entendelo e lelo, escribes un pouco...) podes incorporarte a algúns dos niveis intermedios (B1 e B2) que convoca o Centro de Linguas Modernas da USC, inscribirte na Escola Oficial de Idiomas ou facelo no sistema de certificación Celga. Infórmate nalgún destes sitios do que terías que facer para avaliar e acreditar os teus coñecementos de galego.

Nese caso, o Curso de habilidades comunicativas é o que precisas: podes cursalo por xunto ou escoller os módulos que che interesen. E tamén podes empregar os modelos de documentos administrativos, de TFG e TFM, e de presentacións dixitais que a USC pon ao teu dispor.

Se teñen que ver con léxico ou con terminoloxía técnica mira no Dicionario da Real Academia Galega ou en bUSCatermos. Se se relacionan con puntuación, redacción, uso de maiúsculas e cousas así, bota unha ollada neste espazo do Servizo de Normalización Lingüística. E se cres que precisas un asesoramento personalizado, contacta co Servizo de Normalización Lingüística.

Podes dispoñer de tradutores automáticos e correctores ortográficos gratuítos e de calidade. Pero non esquezas nunca que son máquinas, e que o traballo que fan precisa dunha supervisión humana.

O que aquí che presentamos son só uns poucos petiscos de entre todos os recursos que hai ao teu dispor. Podes atopar moitos máis no sitio web do Servizo de Normalización Lingüística, no de Proxéctate en galego ou en lingua.gal.

Ata agora amosamos recursos xerais, útiles para calquera persoa, pero quen estude ou investigue sobre Veterinaria e queira dispoñer de ferramentas especializadas, pode botar un ollo ás que compilamos aquí

Accións de cursos anteriores

1. Campaña "Cambia a túa mirada"

Campaña dirixida, principalmente, ao novo alumnado da Facultade de Veterinaria para estimular as actitudes favorables cara á lingua galega. Toda a información, aquí.

2. Trivigal

É unha competición de trivial en galego que a Comisión de Normalización desenvolveu como actividade de benvida do novo curso.

Máis información, aquí.

3. Escolle en galego

Esta iniciativa, en marcha desde o curso 2013-14, promove a oferta de materiais docentes en galego no Grao en Veterinaria.

Tes toda a información, na súa propia páxina.

4. Premio "Escolle en galego"

Iniciativa que recoñece con dous premios de 100 e 75 euros os dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal, realizados dentro de materias do Grao en Veterinaria.

Máis información, aquí.

5. Premio "O teu traballo ten premio"

Iniciativa que recoñece con dous premios de 250 e 125 euros os dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal, redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2023-2024.

Máis información, aquí.

1. Campaña "Cambia a túa mirada"

Campaña dirixida, principalmente, ao novo alumnado da Facultade de Veterinaria para estimular as actitudes favorables cara á lingua galega. Toda a información, aquí.

2. Escolle en galego

Esta iniciativa, en marcha desde o curso 2013-14, promove a oferta de materiais docentes en galego no Grao en Veterinaria. Para iso, ofrécenselle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ferramentas e servizos que lle faciliten a elaboración de versións en galego do seu material de clase; material que se pon a disposición do alumnado no Campus Virtual.

3. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convócase este premio que pretende animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorpore ao programa descrito na acción anterior.

Para iso, ofrécense dous premios de 100 e 75 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaboren dentro de materias impartidas no Grao en Veterinaria.

4. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción quere mellorar a capacidade do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba aquí, o feito de ser un idioma pouco presente nas actividades de ensino-aprendizaxe limita as oportunidades que o estudantado ten de exercitar as súas competencias para manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, ofrécense dous premios de 250 e 125 euros respectivamente aos dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2021-22, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

1. Monólogos veterinarios

O 15 de marzo de 2022, tres veterinari@s póñense diante dun micro para contar con humor cousas moi serias sobre facer unha tese, estudar parasitos ou axudar a mellorar a produción de leite.

2. Escolle en galego

É unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde o curso 2013-14 e que busca promover o uso do galego nos materiais docentes do Grao en Veterinaria. Permítelle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ofrecer versións en galego do seu material de clase; e ao alumnado descargalo libremente a través do Campus Virtual, e imprimilo con descontos en determinados centros de reprografía.

Un artigo d'O Cartafol de 2015 cóntanos máis sobre esta iniciativa, e aquí podes ver unha listaxe das materias que participan no programa no primeiro e no segundo semestre, e que iremos actualizando a medida que se vaian incorporando novos contidos.

3. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convócase este premio que pretende animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorpore ao programa descrito na acción anterior.

Para iso, ofrécense dous premios de 100 e 75 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaboren dentro de materias impartidas no Grao en Veterinaria.

4. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción quere mellorar a capacidade do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba aquí, o feito de ser un idioma pouco presente nas actividades de ensino-aprendizaxe limita as oportunidades que o estudantado ten de exercitar as súas competencias para manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, ofrécense dous premios de 250 e 125 euros respectivamente aos dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2021-22, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

5. TriviGal

É unha competición de trivial en galego que a Comisión de Normalización desenvolveu como actividade de benvida do novo curso, o día 28 de setembro na Cafetaría da Facultade. Toda a información, aquí.

1. Obradoiro "Razóns e recursos para usares o galego"

O día 10 de novembro ás 20 h vaise desenvolver a través da plataforma MS Teams esta sesión formativa. Con ela inténtase poñer en valor entre o alumnado do Grao en Veterinaria o papel que o galego pode xogar entre as súas competencias profesionais, así como darlle a coñecer ao as ferramentas lingüísticas e os recursos de apoio que pode empregar para asentar e mellorar esa competencia.

2. Escolle en galego

É unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde o curso 2013-14 e que busca promover o uso do galego nos materiais docentes do Grao en Veterinaria. Permítelle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ofrecer versións en galego do seu material de clase; e ao alumnado descargalo libremente a través do Campus Virtual, e imprimilo con descontos en determinados centros de reprografía.

Un artigo d'O Cartafol de 2015 cóntanos máis sobre esta iniciativa, e aquí podes ver unha listaxe das materias que participan no programa no primeiro e no segundo semestre, e que iremos actualizando a medida que se vaian incorporando novos contidos.

3. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convócase este premio que pretende animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorpore ao programa descrito na acción anterior.

Para iso, ofrécense dous premios de 100 e 75 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaboren dentro de materias impartidas no Grao en Veterinaria.

4. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción quere mellorar a capacidade do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba aquí, o feito de ser un idioma pouco presente nas actividades de ensino-aprendizaxe limita as oportunidades que o estudantado ten de exercitar as súas competencias  para manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, ofrécense dous premios de 250 e 125 euros respectivamente aos dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2019-2020, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

1. #cambiaatúamirada ♥#lugo ♥#galego

 É unha campaña que intenta combater os prexuízos que o alumnado poida traer cando chega por primeira vez á Facultade desde fóra de Galicia. A través do testemuños de estudantado de cursos superiores, de profesorado de orixe non galega e de antigas estudantas que agora exercen en Galicia, amósase que o galego é unha ferramenta útil para integrarse no Campus e na cidade, e nun futuro laboral... e moi doada de aprender.

Preme na imaxe inferior para ver toda a información e os materiais da campaña.

2. Escolle en galego

É unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde o curso 2013-14 e que busca promover o uso do galego nos materiais docentes do Grao en Veterinaria. Permítelle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ofrecer versións en galego do seu material de clase; e ao alumnado descargalo libremente a través do Campus Virtual, e imprimilo con descontos en determinados centros de reprografía.

Un artigo d'O Cartafol de 2015 cóntanos máis sobre esta iniciativa, e aquí podes ver unha listaxe das materias que participan no programa no primeiro e no segundo semestre, e que iremos actualizando a medida que se vaian incorporando novos contidos.

3. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convócase este premio que pretende animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorpore ao programa descrito na acción anterior.

Para iso, ofrécense dous premios de 100 e 75 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaboren dentro de materias impartidas no Grao en Veterinaria.

O día 23 de novembro de 2020 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística resolveu concederlle o primeiro premio a Óscar Iglesias Resúa polo seu traballo "Memoria de prácticas externas no Hospital Veterinario Ramiro Tubío", e o segundo a Bárbara Uceira Cillero por "Memoria de estancias clínicas: Centro Ecuestre Marco das Pías".

4. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción quere mellorar a capacidade do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba aquí, o feito de ser un idioma pouco presente nas actividades de ensino-aprendizaxe limita as oportunidades que o estudantado ten de exercitar as súas competencias  para manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, ofrécense dous premios de 250 e 125 euros respectivamente aos dous traballos de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2019-2020, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

O día 23 de novembro de 2020 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística outorgoulle o primeiro premio desta terceira edición a María Coego Montoto polo TFG "Alternativas para a criopreservación dos embrións bovinos producidos in vitro", e o segundo a Laura Limés García por "Semellanzas e diferenzas entre o Pénfigo felino e humano".

1. Escolle en galego

É unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde o curso 2013-14 e que busca promover o uso do galego nos materiais docentes do Grao en Veterinaria. Permítelle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ofrecer versións en galego do seu material de clase; e ao alumnado descargalo libremente a través do Campus Virtual, e imprimilo con descontos en determinados centros de reprografía.

Un artigo d'O Cartafol de 2015 cóntanos máis sobre esta iniciativa, e aquí podes ver unha listaxe actualizada das materias que participan no programa no primeiro e no segundo semestre.

2. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convócase este premio que pretende animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorpore ao programa devandito.

Para iso, ofrecíanse dous premios de 175 e 125 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaborasen dentro de materias integradas no programa "Escolle en galego".

O día 30 de setembro de 2019 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística resolveu concederlle o primeiro premio a Yolanda Fontán Abilleira, polo traballo "Memoria de estancias clínicas: Veterinarios A Pontenova" e declarar deserto o segundo.

3. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción buscaba recoñecer as boas capacidades do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba aquí, o feito de ser un idioma pouco presente nas actividades de ensino-aprendizaxe limita as oportunidades que o estudantado ten de exercitar as súas competencias  para manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, premiábase con 250 euros o traballo de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2018-2019, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

O día 20 de novembro de 2019 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística resolveu a segunda edición deste premio, que recaeu en Antía Martínez Alborés, polo traballo "Novos métodos aplicables á conservación e comercialización de moluscos bivalvos vivos", titorizado por José Manuel Miranda López.

1. Escolle en galego

É unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde o curso 2013-14 e que busca promover o uso do galego nos materiais docentes do Grao en Veterinaria. Permítelle ao profesorado que imparte as súas clases en castelán ofrecer versións en galego do seu material de clase; e ao alumnado descargalo libremente a través do Campus Virtual, e imprimilo con descontos en determinados centros de reprografía.

Un artigo d'O Cartafol de 2015 cóntanos máis sobre esta iniciativa, e neste documento ofrécese toda a información necesaria para aproveitar esta iniciativa no segundo cuadrimestre do curso 2017-2018.

2. Premio "Escolle en galego"

Como complemento á acción anterior, convocouse este premio que pretendía animar ao alumnado a empregar o galego na elaboración dos seus traballos académicos, e promover que cada vez máis profesorado se incorporase ao programa descrito na acción anterior.

Para iso, ofrecíanse dous premios de 175 e 125 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se elaborasen dentro de materias integradas no programa "Escolle en galego".

O día 13 de setembro de 2018 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística resolveu a primeira edición destes premios, que recaeron en Antía Martínez Alborés, polo traballo "Memoria de estancias non clínicas e na Administración" e en Lorena Ramos Dubra, por "Memoria de estancias clínicas".

3. Premio "O teu traballo ten premio"

Esta acción buscaba recoñecer as boas capacidades do alumnado para elaborar documentación técnica en lingua galega. Como se indicaba máis arriba, a súa escasa presenza nas actividades de ensino-aprendizaxe limitaba as oportunidades de manexar esta lingua como ferramenta técnica.

E para iso, premiábase con 250 euros o traballo de fin de grao (TFG) de maior calidade lingüística e formal de entre os redactados e defendidos en galego nalgunha das convocatorias do curso 2017-2018, sempre que acadasen a cualificación mínima de "aprobado".

O día 20 de novembro de 2018 un xurado formado por dous representantes da Fac. de Veterinaria e un do Servizo de Normalización Lingüística resolveu a primeira edición destes premios, que recaeron en David García Dios, polo traballo "Parasitacións no gando vacún en Ordes, Arzúa e Terra de Melide. Técnica de flotación".

Está pasando...

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2024.