Ir o contido principal

A colaboradora da Oficina de Voluntariado da USC Emma Mayo Pais O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC entregan o VII Premio Humanitas

A colaboradora da Oficina de voluntariado da USC na Escola Camilo José Cela do CHUS e na Escola Permanente de Adultos do Hospital Psiquiátrico de Conxo Emma Mayo Pais recolleu este venres 22 en Santiago o VII premio Humanitas. O acto celebrouse no salón de plenos do Consello Social da USC, coa asistencia do vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán Villa; a presidenta da AAAAUSC, Mª do Socorro Ortega Romero; e do secretario do Consello Social, Benigno Carril. O vicerreitor Francisco Durán cualificou o labor de Emma Mayo como “un faro dentro da USC”, ao representar un exemplo de como orientar o traballo no eido da integración de persoas con necesidades especiais e da habilitación de espazos que permitan atender a diversidade. É un punto de partida para “entender que a diferenza na aula enriquece”, e un valor engadido “para todos os que participan no proceso educacional, tanto no ensino universitario como nas etapas anteriores”. Dedicado ás accións solidarias e convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC), o Premio Humanitas consiste, tras eliminarse a contía económica, nunha figura conmemorativa, unha insignia de prata da asociación e un diploma acreditativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.