Ir o contido principal

O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC entregan o VII Premio Humanitas

O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC entregan o VII Premio Humanitas

A colaboradora da Oficina de voluntariado da USC na Escola Camilo José Cela do CHUS e na Escola Permanente de Adultos do Hospital Psiquiátrico de Conxo Emma Mallo Pais recollerá este venres 22 en Santiago o VII premio Humanitas. O acto será ás 13.00 horas no salón de plenos do Consello Social da USC (Casa da Concha. Rúa da Conga, 1. Santiago). Dedicado ás accións solidarias e convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC), o Premio Humanitas consiste, tras eliminarse a contía económica, nunha figura conmemorativa, unha insignia de prata da asociación e un diploma acreditativo.

No acto estarán presentes o presidente do Consello Social da Universidade, Manuel Puga Pereira; o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán Villa; e a presidenta da AAAAUSC, Mª do Socorro Ortega Romero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.