Ir o contido principal

O Consello Social da USC celebra unha xuntanza do seu pleno

O Consello Social da USC celebra unha xuntanza do seu pleno

O Consello Social da Universidade de Santiago celebrará este mércores 12 a partir das 16:30 horas unha xuntanza do seu pleno na Casa da Concha (r/ da Conga).
Na orde do día figuran como puntos a tratar a aprobación da modificación puntual da normativa sobre a Casa dos Catedráticos, prazas de profesorado, un informe sobre a creación de títulacións de grao ou a creación dunha comisión delegada para títulos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Outros asuntos que se abordarán será a aprobación do expediente de doazóns, de transferencias de crédito, de taxas de cursos de posgrao propios, e da proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos; a modificación da proposta de asignación do complemento por mérito docente e de plans de estudo de Programas Oficiais de Posgrao; e a aprobación da participación da USC na Fundación ‘Centro Tecnolóxico do Leite’ e na Red Emprendia, da cesión de material e da modificación de custes indirectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.