Convocatoria do ‘Recoñecemento do Consello Social á Traxectoria Profesional’

O obxecto desta convocatoria é recoñecer a excelencia profesional das persoas que realizaron os seus estudos na USC e que levaron a cabo unha traxectoria profesional relevante, contribuíndo ao desenvolvemento da sociedade
Subliñar a excelencia á hora de contribuír ao desenvolvemento da sociedade de persoas que realizaron os seus estudos na USC é a meta que se persegue co ‘Recoñecemento do Consello Social á Traxectoria Profesional’. O prazo para a presentación de candidaturas a través do rexistro electrónico da Universidade permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de xuño. As bases deste premio poden consultarse nesta ligazón.
Poderán presentar candidaturas os integrantes da comunidade universitaria, a Asociación de Antigas/os Alumnas/os da USC; asociacións empresariais, asociacións de comerciantes e Cámaras de Comercio; colexios profesionais e os concellos de Santiago e Lugo.