Nota aclaratoria relativa ás prácticas externas extracurriculares
En atención as dúbidas xurdidas respecto da interpretación do punto 6.2 da convocatoria publicada o 9 de febreiro de 2024, o Consello Social da USC anuncia que as prácticas que se vaian realizar ata o día 30 de setembro de 2024 pola modalidade de adxudicación preferente se rexerán polo establecido na cláusula 6.2 da Convocatoria de 28 de setembro de 2023; en consecuencia,
o prazo para realizar solicitudes remata o día 30 de xuño de 2024. Así mesmo, as prácticas que se vaian realizar pola modalidade de adxudicación preferente con posterioridade ás indicadas no parágrafo anterior, rexeranse polo establecido na cláusula 6.2 da Convocatoria de 9 de febreiro de 2024.
En consecuencia, respecto das prácticas da próxima convocatoria de setembro de 2024 (para realizarse entre novembro de 2024 e maio de 2025), as solicitudes recolleranse ata o día 10 de setembro de 2024; e as prácticas da convocatoria de febreiro de 2025 (para realizarse entre abril e setembro de 2025) deberán ser solicitadas ata o día 20 de xaneiro de 2025.