Ir o contido principal

O pleno do Consello Social reúnese este xoves en Lugo

O pleno do Consello Social reúnese este xoves en Lugo

O Consello Social da USC reúnese este xoves 26 na Vicerreitoría de Lugo para, entre outros asuntos, someter a aprobación a súa memoria correspondente a 2008 ou a proposta de asignación de Complementos Retributivos Autonómicos. O pleno comezará ás 17:00 horas no Salón de Reunións da Vicerreitoría.
Outros puntos que forman parte da orde do día son os informes sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente e Investigador e sobre a creación de novos títulos de doutoramento e máster adaptados ao EEES ou a convocatoria de bolsas de comedor para o curso 2009-2010.
Ademais o órgano colexiado someterá a aprobación as taxas de cursos de posgrao propios, os prezos de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2009-2010 así como para estudantes de mobilidade internacional e a actualización dos aplicables a visitantes e congresistas, os da Escola Infantil Breogán e a cesión de solicitude de patente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.