Ir o contido principal

O Pleno do Consello Social da USC acepta por unanimidade a proposta do reitor de nomear a Lourdes Batán como xerente da Universidade

O Pleno do Consello Social da USC acepta por unanimidade a proposta do reitor de nomear a Lourdes Batán como xerente da Universidade

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago deu esta tarde o seu visto e prace á proposta do reitor, Juan Casares, de nomear xerente da institución compostelá a Lourdes Batán Aira, ata agora subdirectora xeral de Persoal e Xestión Económica na Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense, acadou en 1985 a condición de funcionaria de carreira do grupo A (hoxe A1) do Ministerio de Administracións Públicas. Entre 1985 e 1992 traballou como secretaria xeral e secretaria-interventora en distintos concellos e mancomunidades de Galicia. Xa en outubro de 1992 incorpórase á Xunta de Galicia, inicialmente á Consellaría de Agricultura, Gandería e Montes e posteriormente á de Medio Ambiente, para desempeñar o cargo de subdirectora xeral de Persoal e Coordinación Administrativa, actualmente de Persoal e Xestión Económica. A súa experiencia profesional completouna ao longo de todos estes anos cunha extensa formación superior complementaria. Así, Lourdes Batán posúe o Máster de Recursos Humanos da USC e o Icade, o Diploma de Directivos da EGAP e o Curso Superior en Relacións Laborais da USC, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.