Ir o contido principal

Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC

Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC

O Consello Social da Universidade de Santiago celebra este xoves, día 1 de outubro, unha xuntanza do seu pleno a partir das 17:00 horas na Casa da Concha (r/ da Conga, 1).
O órgano colexiado someterá a aprobación a proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos, modificacións de cursos de posgrao, taxas de actividades deportivas e as taxas de cursos de posgrao propios e información de memorias.
Tamén se tratarán dous informes sobre a creación de novos títulos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior e sobre a modificación da relación de postos de traballo do Persoal Docente e Investigador así como cambios de denominación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.