Skip to main content

Latest news

O Campus Terra estuda a contaminación ambiental derivada do uso de antibióticos ionóforos en produción animal

Os catedráticos do grupo Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) Esperanza Álvarez e Avelino Núñez lideran un proxecto de I+D financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación orientado a coñecer as concentracións destes compostos de uso veterinario en xurros, solos e cultivos, estudar o seu comportamiento e controlar o seu paso a cadea trófica mediante bioadsorbentes

Read more

O Ibader avalía xunto con universidades británicas o impacto de parques eólicos nas turbeiras de cobertor en Europa

A investigación publicada por ‘Scientífics Report’, do grupo Nature, nun artigo asinado por Pablo Ramil e Javier Ferreiro, constata que as centrais eólicas ameazan un hábitat clave fronte ao cambio climático e identifica as da Serra do Xistral como as turbeiras de cobertor do continente europeo máis afectadas por este tipo de desenvolvementos

Read more

O XXIII Premio Aresa recoñece o “soño de 50 anos de historia na Galicia rural ” de Casa Grande de Xanceda

Antonio López e Alfonso Rueda presiden a entrega do galardón convocado pola USC e Aresa nunha concorrida cerimonia celebrada na Facultade de Veterinaria, na que a vicepresidente de Aresa, Carlota López, salientou a importancia do sector agrogandeiro e a Ceo de Leche Río, Carmen Lence, advertiu da necesidade de manter a muller no medio rural para garantir o seu futuro

Read more