Skip to main content

Prácticas externas curriculares optativas

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que teñen por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica de Grao.

Un dos obxectivos do Grao en Farmacia é estimular no estudante a capacidade para realizar deseños experimentais sobre a base do método científico e a interpretación de traballos científicos no campo das ciencias da saúde. Para dar conta deste obxectivo promóvese a realización de prácticas externas curriculares de carácter optativo. Con estas prácticas pódense recoñecer un mínimo de 4,5 ECTS e un máximo de 18 ECTS, cunha equivalencia de 25 horas de prácticas por ECTS.

Coordinación de prácticas

The contents of this page were updated on 05.29.2023.