O Espazo de Danza da USC ten como obxectivo achegar a danza aos membros da comunidade universitaria, creando pontes e relacións a través dos profesionais da danza e o público de Galicia.
O Espazo de Danza enmárcase nas accións do Espazo Europeo de Educación Superior para promover a formación integral dos estudantes universitarios na arte escénica.
Os seus obxectivos abranguen tanto á investigación como a creación, aprendizaxe e fomento de públicos para a danza.
O Espazo de Danza ofrece un programa de formación e actividades con recoñecemento de créditos.
1. Alta de compañías escénicas independentes no rexistro da Área de Cultura
Antes de poder concurrir ás convocatorias de axudas de produción e/ou distribución da Vicerreitoría de Cultura, así como aproveitar os programas de apoio que se desenvolven desde a Aula de Teatro e o Espazo de Danza Universitario (lugares de ensaio, asesoramento técnico e artístico, servizo de préstamo, programación etc.), as compañías escénicas independentes deberán estar dadas de alta no rexistro da Área de Cultura.
A compañía —enténdese como tal o reparto e equipo artístico— estará constituída por un mínimo de 2/3 de membros da comunidade universitaria (estudantes, PDI, PAS). Ademais, non realizará actividade profesional no curso académico en curso e, á marxe do número de funcións e espazos onde estimen oportuno expoñer os seus traballos, a compañía deberá presentar, tamén, os mesmos en espazos da USC.
2. Ratificación de alta de compañía
Cada curso académico a compañía deberá ratificar a súa alta para poder aproveitar os servizos mencionados no apartado anterior, de non facelo será dada de baixa no Rexistro de compañías escénicas independentes na USC.
3. Modificación de datos
Durante o proceso de traballo das compañías, nestas poderán darse de alta ou de baixa calquera do/as integrantes, modificación que deberá ser comunicada no mesmo momento en que se realice o cambio.
4. Cómo realizar a alta/ratificación/modificación de datos?
Para dar de alta/ratificar/modificar datos dunha compañía escénica independente na USC deberá cubrirse este formulario.
Unha vez asinado dixitalmente polo/s seu/s representante/s, o formulario deberá remitirse a: area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), xunto coa fotocopia do DNI dos seus representantes e integrantes.
A solicitude de ratificación/modificación de datos só se pode facer no caso de que a compañía xa estivera dada de alta/ratificada no curso académico inmediatamente anterior.
A permanencia como membro e/ou participante do Espazo de Danza da USC supón o coñecemento e aceptación destas normas.
O Espazo de Danza da USC resérvase o dereito de modificar ou engadir novos epígrafes a estas normas, se así o estima oportuno, poñéndoo en coñecemento dos integrantes no proxecto.
Asistencia ás clases
Poderá haber ausencias previamente xustificadas e en ningún caso superar o 15 % de faltas (xustificadas) respecto á totalidade das clases por curso (+/- 3 faltas por trimestre). De ser así, o alumno participante perderá a posibilidade de acadar os créditos universitarios
Asistencia aos ensaios semanais
Serán de obrigada a asistencia aos ensaios semanais para os membros da Compañía de Danza da USC. Poderá haber ausencias previamente xustificadas e en ningún caso superar o 15% de faltas (xustificadas) respecto á totalidade dos ensaios por curso (+/- 3 faltas por trimestre). De ser así, o membro participante perderá a posibilidade de acadar os créditos universitarios e, de ser reiterativa a falta, poderá ser excluído de xeito irrevogable da participación da Compañía de Danza da USC.
Asistencia aos encontros e festivais
As persoas pertencentes a Compañía de Danza están obrigadas a participar en todos os encontros, festivais e actuacións aos que sexan convocados polo Espazo de Danza da USC.
Puntualidade
Os membros da Compañía de Danza deberán encontrarse no lugar designado para os ensaios polo menos 15 minutos antes do inicio efectivo do ensaio no caso dos días de actuación.
Para as actuacións, os membros deberán pesoarse polo menos con 60 minutos de antelación ao seu inicio, sempre que non se convoque ensaio previo.
No caso de que se programe un desprazamento en autocar, os membros deberán presentarse no lugar indicado polo Espazo de Danza da USC polo menos 15 minutos antes da saída.
Vestiario
Os membros deberán respetar, cuidar e facerse cargo do vestiario dende o momento da entrega por parte do Espazo de Danza e de todas as actuacións programadas, ata o remate da temporada de actuacións que terá que facerse a súa entrega ao Espazo de Danza.
Faltas leves e graves
O Espazo de Danza poderá tomar accións disciplinarias contra aqueles membros que incorran no incumprimento deste regulamento interior. Establécense faltas leves e faltas graves.
Faltas leves:
- Falta de puntualidade a ensaios, actuacións ou desprazamentos, inferiores a 15 minutos.
- Falta ás normas de vestiario.
- Reiteración evidente de falta de coñecemento da coreografía a interpretar.
Faltas graves:
- Falta de puntualidade a ensaios, actuacións ou desprazamentos, superiores a 15 minutos.
- Ausencia inxustificada a ensaios, actuacións ou desprazamentos.
- Mal comportamento durante os ensaios ou as actuacións e/ou faltas cara a outros integrantes da Compañía de Danza.
O Espazo de Danza resérvase o dereito de considerar como falta leve ou grave calquera suceso non contemplado nestas normas.
A acumulación de tres faltas leves ou dúas graves poderá supoñer a expulsión inmediata do membro ou, no seu caso, a perda dos créditos universitarios recoñecidos.
Se queres formarte co Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela, nesta ligazón figura toda a información sobre os cursos que se ofertan.
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es
News related
A USC encherá de tangos e milongas o compostelán Xardín das Pedras
A II MilongUSC será o 8 maio ás 20:00 h con entrada libre
Read moreChega a Lugo o mellor da danza universitaria galega
A USC propón a peza ‘Migracións’, que en Compostela tivo unha enorme acollida por parte do público
Read moreChega a Compostela o XXII Encontro Universitario de Danza
As funcións serán os días 15 e 16 de abril ás 20:30 horas no Teatro Principal
Read moreTempo de danza na USC
Un ano máis, e xa van máis de 20, chega este mes de abril á Universidade de Santiago o Encontro Universitario de Danza, unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC que busca favorecer o intercambio cultural a través da danza e achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.
Read more