06.10.2025-06.12.2025 | 09.30h-20.00h
Facultade de Filosofía
Este curso pretende afondar no coñecemento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que establecen unha visión transformadora cara á sostibilidade económica, social e ambiental así como á interdependencia e á corresponsabilidade entre persoas e países como os seus piares fundamentais.
