
A educación secundaria é unha etapa crucial na formación dos mozos e mozas, onde se consolidan valores e actitudes que perdurarán ao longo das súas vidas. Neste senso, a incorporación da perspectiva de xénero na docencia convértese nunha necesidade imprescindible para garantir que todo o estudantado, independentemente da súa condición de xénero ou situación, teñan as mesmas oportunidades de desenvolvemento
académico e persoal.
Deste xeito, o título deste curso reflicte a intención de proporcionar ao profesorado e futuro profesorado de Secundaria as competencias precisas para identificar e combater os estereotipos de xénero, así como para formular prácticas pedagóxicas inclusivas e de igualdade de xénero no día a día das aulas. Por iso, inclúense módulos que abordan tanto as bases teóricas da perspectiva de xénero como a súa aplicación práctica (identificación de estereotipos, deseño de actividades educativas con enfoque de xénero, creación de contornas escolares inclusivas, etc.) e se proporcionan ferramentas e recursos que favorezan a súa integración no ensino.
Ao finalizar o curso, as persoas participantes estarán mellor preparadas para desempeñar un rol activo na promoción da coeducación, contribuíndo á formación de cidadáns e cidadás conscientes e comprometidos coa igualdade de xénero.
Obxectivos:
1. Comprender os conceptos básicos da perspectiva de xénero e o seu impacto na educación.
2. Identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes no entorno educativo (materiais, aula...).
3. Desenvolver estratexias pedagóxicas inclusivas e equitativas que promovan a igualdade de oportunidades para todo o estudantado.
4. Analizar e adaptar o currículo escolar dende unha perspectiva de xénero.
5. Favorecer a reflexión crítica sobre as propias prácticas docentes e a construción de identidades de xénero.
Competencias:
T2.1. Procesar información, ideas e conceptos
T2.2. Planificar e organizar
T2.3. Lidar con problema
T6.3. Facer uso de capacidades e competencias cívicas
S1.3. Ensinar e formar
Datas e horario:
Do 14 ao 16 de outubro de 2025.
Lugar: Facultade de Formación do Profesorado. Aula 22
o 14 de outubro de 2025 (martes): de 16 h. a 21 h.
o 15 de outubro de 2025 (mércores): de 16 h. a 20 h.
o 16 de outubro de 2025 (xoves): de 16 h. a 20 h.
Número de horas: 15 horas
Prazas: 25
Preinscrición: do 15 ao 23 de setembro de 2025
1. Menú da esquerda: Admisión. Seleccionar: Estudos Propios.
2. Aparecen os cursos de Formación Específica e Microcredenciais. Seleccionar o de interese.
3. Continuar o proceso segundo as indicacións.
4. IMPORTANTE: o curso é gratuito, non se ten que realizar ningún tipo de pago por ningún concepto.
Matrícula: do 24 ao 30 de setembro de 2025
Na páxina principal no apartado de matrícula da columna esquerda, débese marcar a opción Matrícula
Na seguinte pantalla, marcar a OPCION 8 (alumnado que desexa facer a matrícula en estudos propios)
A continuación, aparecerá o curso no que está admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula. Lembre que o curso é gratuíto, polo que non debe facer ningún pagamento; aínda que apareza a opción, poderá continuar co proceso sen realizar ningún pago.