Skip to main content

Actividade para adultos e familias

Roteiro pola contorna do MHN

10.05.2025 | 11.00h-12.45h

Parque Vista Alegre
Parque Vista Alegre

Este percorrido procura amosar ao público en xeral as orixes e as principais características dos espazos verdes arredor do Museo de Historia Natural: Parque Vista Alegre e Parque da Música. A finalidade é desfrutar do roteiro e, á vez, coñecer o valor do seu patrimonio cultural e natural.

A hora de encontro da visita na entrada do museo é ás 11:00 horas, pero a visita formalmente comezaría ás 11:15 horas e finalizaría na entrada do museo ás 12:30/12:45 horas aproximadamente, dependendo do momento de comezo da visita e por ter unha marxe por se o grupo vai a un ritmo non previsto. A duración será de hora e media, xa que precisamos quince minutos para comenzar en hora por mor do cobro.

Se é un día de orballo ou unha chuvia fina farémolo con paraugas, botas e chuvasqueiros. Recomendamos calzado e roupa cómoda.

Responsable

Mercedes Casciani

Idade

Adultos e familias

Data e horario

Domingo 5 de outubro, 11 horas

Prezo

De balde, previa inscrición en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com). Preferencia para socios/as ata o 29 de setembro

Actividade organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

Cartel do roteiro
The contents of this page were updated on 09.26.2025.