
Este percorrido procura amosar ao público en xeral as orixes e as principais características dos espazos verdes arredor do Museo de Historia Natural: Parque Vista Alegre e Parque da Música. A finalidade é desfrutar do roteiro e, á vez, coñecer o valor do seu patrimonio cultural e natural.
A hora de encontro da visita na entrada do museo é ás 11:00 horas, pero a visita formalmente comezaría ás 11:15 horas e finalizaría na entrada do museo ás 12:30/12:45 horas aproximadamente, dependendo do momento de comezo da visita e por ter unha marxe por se o grupo vai a un ritmo non previsto. A duración será de hora e media, xa que precisamos quince minutos para comenzar en hora por mor do cobro.
Se é un día de orballo ou unha chuvia fina farémolo con paraugas, botas e chuvasqueiros. Recomendamos calzado e roupa cómoda.
Responsable
Mercedes Casciani
Idade
Adultos e familias
Data e horario
Domingo 5 de outubro, 11 horas
Prezo
De balde, previa inscrición en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com). Preferencia para socios/as ata o 29 de setembro
Actividade organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC
