Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS da Area de Ciencias Sociais e Xurídicas.
Localización
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
19/12/2025 - 08/01/2026
Desarrollo de la actividad
13/01/2026 - 22/01/2026
Profesor/a
Maria Esther Martinez Piñeiro
Profesor/a
Jose Pablo Franco Lopez
| Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
|---|---|---|---|
| Introducción á investigación cualitativa nas Ciencias Sociais | Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida | 13, 15, 19, 20 e 22 de xaneiro de 2026 | Para o 13, 15, 19 e 20 de xaneiro de 9:30h a 11:30h e para o 22 de xaneiro de 10:30h a 12:30h |
Este seminario pretende achegar ao alumnado á metodoloxía cualitativa como unha opción a ter en conta no deseño empírico das súas teses doutorais. Presentaranse as características xerais da investigación cualitativa, a especificidade dos deseños metodolóxicos, para centrarse no método de estudio de caso e na técnica de observación.
Esperase que o estudantado sexa quen de:
- Formular problemas de investigación desde a perspectiva cualitativa.
- Deseñar de forma xeral estudos de caso.
- Identificar as situacións de investigación nas que a observación é unha técnica idónea de recollida de datos.
- Metodoloxía de investigación cualitativa: concepto e características.
- Principais métodos da investigación cualitativa.
- Método de estudo de caso: concepto, tipoloxía e deseño.
- Unha aproximación ás técnicas de recollida de datos cualitativos: a observación.
Esther Martínez Piñeiro e José Pablo Franco López son persoal docente e investigador da Área de Métodos de investigación e diagnóstico en Educación da USC. Ambos imparten a materia de Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación no Grao de Educación Social e son docentes do Master en Procesos de formación. Asemade, ambos son membros do Grupo de investigación de referencia competitiva Stellae (http://stellae.usc.es)