Unha investigadora da USC crea unha ferramenta dixital para amosar conexións entre autores da lírica galego-portuguesa
Por primeira vez ofrécese, xunto á información literaria, histórica e biográfica de trobadores e xograres, a posibilidade de visualizar graficamente as relacións entre eles
Leer más'Troia-Mentoring', un pulo a prol da integración sociolaboral
O programa de capacitación en habilidades empresariais para persoas con síndrome de Down impulsado desde a Aula TIC-Pemes da USC bota a andar na Facultade de ADE con 8 persoas con discapacidade intelectual que, acompañados de voluntariado da USC, completarán estadías profesionais durante dous meses en empresas de Lugo tras recibir 30 horas de formación específica
Leer másRelatorios, música, premios ou teatro dan voz á axenda reivindicativa da USC no 8M
Nacións Unidas conmemora cada 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres que en 2024 desenvólvese baixo o lema ‘Investir nas mulleres: acelerar o progreso’
Leer másMaylee Y. Saavedra Castillo obtén un dos premios nacionais Avelino Corma polo seu TFM no Mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos da USC
Na actualidade cursa o Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
Leer más40 anos a prol do medio rural
USC e Aresa distinguen a Moexmu co XXIV Premio Aresa pola súa contribución á profesionalización do sector agrogandeiro, no marco dunha cerimonia que citou en Veterinaria ao conselleiro de Medio Rural, así como a unha nutrida representación de autoridades políticas e académicas, ademais da veciñanza de Muimenta
Leer másCharlas de Luzia Oca e Antonella Sturla
A Facultade de Humanidades conmemora o Día Internacional das Mulleres con conferencias sobre as relacións de xénero no contexto migratorio entre Cabo Verde e Galicia e sobre a busca dunha historia universal do teatro narrada desde as marxes
Leer másArgos premia un asistente de rehabilitación da linguaxe e tecnoloxía para potenciar a densidade ósea
Trátase dun programa impulsado pola AVTE da USC para dar pulo a equipos emprendedores con ideas de negocio innovadoras
Leer másA USC gaña o Campionato Galego Universitario de Natación
Disputouse este xoves na Piscina Universitaria compostelá coa participación de 79 deportistas das tres universidades galegas
Leer másOs campus de Compostela e Lugo suman 806 doazóns de sangue na primeira fase da campaña universitaria de ADOS neste curso
O número de novas persoas que doaron por primeira vez na institución compostelá foi de 288, o que supón máis dun 35,7% do total, permitindo renovar a base de doantes
Leer másUn estudo da USC demostra que os hábitats de macroalgas condicionan algúns comportamentos dos peixes
O investigador do CRETUS José A. Sanabria-Fernández constatou ao longo do Hemisferio Sur que a composición dos bosques destes organismos inflúe en funcións fundamentais, como o estilo de alimentación ou a reprodución das comunidades piscícolas
Leer másA Aula de Produtos Lácteos e Chr. Hansen reúnen 20 profesionais nun curso de elaboración de queixo de pasta branda
Personal técnico da APLTA do Campus Terra da USC e da compañía subministradora de solucións de ingredientes para a industria alimentaria impartiron as distintas sesións formativas teóricas e prácticas programadas ao longo de tres xornadas
Leer másO estudantado da USC pode participar ata o 15 de marzo na Olimpíada Solidaria
Poderá intercambiar o tempo que pase nas bibliotecas da universidade por euros cos que se financiará a formación de profesionais para o restablecemento psicolóxico das vítimas dos conflitos bélicos no Congo
Leer más