Pasar al contenido principal

Entrega de diplomas a membros da oitava promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo celebrará este venres, día 16 de maio, a partir das 18.00 horas, a entrega de diplomas aos/ás alumnos/as da oitava promoción de titulados/as do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos no transcurso dun acto que se desenvolverá no salón de graos do devandito centro universitario.

O director de Relacións Sociais e Humanas PSA Peugeot Citroën, José Manuel Fernández Cedrón, será o padriño desta cerimonia académica, que estará presidida polo presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, Mario Outeiro.

A directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais, Mercedes Montes Rodríguez; o director do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, Guillermo Álvarez de Neyra, e a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, tamén intervirán neste acto de entrega de diplomas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2014.