Pasar al contenido principal

A ACSUG certifica o sistema de garantía interna de calidade da escola universitaria de Relacións Laborais de Lugo

De esquerda a dereita, Mercedes Montes, Benita Silva e Ana Victoria Santín, na escola de Relacións Laborais do campus de Lugo
De esquerda a dereita, Mercedes Montes, Benita Silva e Ana Victoria Santín, na escola de Relacións Laborais do campus de Lugo

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) vén de validar o sistema de garantía interna de calidade da escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo, logo de completar a pertinente avaliación que rematou cun informe positivo que avala os parámetros de calidade do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que se imparte no devandito centro universitario.

A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva Hermo, entregou esta semana á directora da escola de Relacións Laborais de Lugo, Mercedes Montes Rodríguez, o certificado expedido pola ACSUG sobre a calidade do centro universitario lugués, no transcurso dun acto no que tamén estivo presente a secretaria académica da escola universitaria, Ana Victoria Santín.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.03.2013.