Pasar al contenido principal

A Escola de Relacións Laborais de Lugo comeza o luns un curso de xestión laboral aberto ao público interesado

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo celebra a partir do luns 22 un curso de xestión laboral, cuxas sesións formativas, que se celebrarán na propia escola en quenda de mañá, en horario de 12.00 a 14.00 horas, prolongaranse ata o vindeiro 14 de maio.

Este seminario formativo, que ten unha duración de 30 horas, vai dirixido ao estudantes do propio centro universitario lugués, pero tamén está aberto a participación de todas cantas persoas estean interesadas pola temática. O prezo da inscrición é de 65 euros e os interesados poden formalizar a matrícula na secretaría da Escola Universitaria de Relacións Laborais. Só se admitirá un 10% de faltas de asistencia ao curso. Os interesados poden obter máis información a través do número de teléfono 982.82.48.00.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2013.