O máster de Recursos Humanos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo entrega os diplomas da VI edición
Durante o acto presentaranse tamén dous traballos realizados por alumnos deste máster e que foron publicados pola Deputación de Lugo
O máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos que se imparte na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo celebra o venres 20, a partir das 18.00 horas, o acto de entrega de diplomas correspondente a esta sexta edición do posgrao, que terá lugar no Salón de Graos do centro. No acto intervirá o padriño da promoción, o director de Administración e Relacións Laborais de Nova Galicia Banco, Benito Couceiro Naveira. Así mesmo, durante o encontro tamén se presentarán dous proxectos de final de máster publicados pola Deputación de Lugo. A clausura correrá a cargo do director do posgrao, Guillermo Álvarez.